Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Química
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Haberá unha sesión inicial de presentación da materia, na que se exporán ao alumnado os contidos que se pretenden abordar, a metodoloxía docente en grupo grande e en grupos reducidos, e os criterios de avaliación.
Sesión maxistral Os contidos teóricos abordaranse nas sesións maxistrais mediante explicacións impartidas polo profesorado. O alumnado atopará en Moodle os esquemas das presentacións, cos contidos básicos, e materiais adicionais de cada tema.
Seminario Nos seminarios abordarase a análise e a resolución dalgúns dos exercicios propostos nos boletins de cada tema. Co obxecto de aproveitar ao máximo estas sesións, é moi importante que os alumnos traballen os exercicios previamente. O alumnado terá a súa disposición os boletíns e o material necesario para a súa resolución en Moodle.
Prácticas de laboratorio No laboratorio os alumnos/as realizarán 7 prácticas relacionadas cos contidos teóricos que se abordan na aula. Estas prácticas de laboratorio terán unha duración de 2 h cada unha. O guión de cada práctica incluirá o procedemento experimental e un cuestionario final. O alumno/a realizará unha memoria das prácticas individualmente, e nela recollerá o traballo realizado no laboratorio, as observacións feitas e os resultados obtidos, e por último, as respostas ao cuestionario.
Traballos tutelados O obxectivo fundamental destas sesións é o seguimento da compresión da materia por parte do alumnado. Para iso prográmanse 4 sesións de titorías en grupos reducidos, de 2 horas cada unha. Os alumnos deberán preparar previamente cada titoría, estudando os contidos correspondentes e realizando os exercicios dos boletíns. Nas titorías se realizarán exercicios en grupo de 2 ou 3 alumnos/as, que serán resoltos na mesma sesión. Estes exercicios serán recollidos polo profesor, e formarán parte da avaliación da materia. Nos últimos 30 minutos da sesión os alumnos responderán individualmente a un cuestionario que tamén formará parte da avaliación.
Proba obxectiva Farase un exame escrito co propósito de avaliar o grao de asimilación e a capacidade de aplicación dos contidos da materia por parte do alumnado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes