Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Química
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Haberá unha sesión inicial de presentación da materia, na que se exporán ao alumnado os contidos que se pretenden abordar, a metodoloxía docente en grupo grande e en grupos reducidos, e os criterios de avaliación.
Sesión maxistral Os contidos teóricos abordaranse nas sesións maxistrais mediante explicacións impartidas polo profesorado. As sesións terán lugar de forma simultánea de xeito presencial na aula e a través da plataforma teams. O alumnado atopará en Moodle os esquemas das presentacións, cos contidos básicos, e materiais adicionais de cada tema así como gravacións das sesións.
Seminario Nos seminarios abordarase a análise e a resolución dalgúns dos exercicios propostos nos boletins de cada tema. Os seminarios terán lugar de forma simultánea na aula e a través da plataforma teams. Co obxecto de aproveitar ao máximo estas sesións, é moi importante que os alumnos traballen os exercicios previamente. O alumnado terá a súa disposición os boletíns e o material necesario para a súa resolución en Moodle.
Prácticas de laboratorio Os alumnos realizarán 7 prácticas relacionadas cos contidos teóricos que se abordan na aula. Estas prácticas terán lugar no laboratorio e/ou de forma virtual e terán unha duración de 2 h cada unha. En cada práctica, o profesorado explicará os aspectos teóricos máis relevantes, e o alumnado dispoñerá do guión de traballo a realizar e os materiais previos (lecturas, vídeos, etc) que se repasarán antes de comezar a sesión. Os guións de cada unha das prácticas incluirán o procedemento experimental e un cuestionario final. Cada alumno/para realizará individualmente unha memoria/caderno das prácticas, e nela recollerá o traballo realizado no laboratorio e de forma virtual, as observacións realizadas, os resultados obtidos e as respostas ao cuestionario.
Traballos tutelados O obxectivo fundamental destas sesións é o seguimento da compresión da materia por parte do alumnado. Para iso prográmanse 8 sesións dunha hora de titorías en grupos reducidos. Os alumnos deberán preparar previamente cada titoría, estudando os contidos correspondentes e realizando os exercicios dos boletíns previos que estarán dispoñibles a través da plataforma Moodle. Os alumnos deberán entregar as solucións dos exercicios propostos a través da plataforma Moodle antes das titorías. Nas titorías resolveranse e discutiranse os exercicios propostos no encerado, preferentemente polos alumnos. Levaranse a cabo durante estas titorías pequenas probas curtas por sorpresa e/ou a través da plataforma Moodle que contribuirán á cualificación global.
Proba obxectiva Farase un exame escrito co propósito de avaliar o grao de asimilación e a capacidade de aplicación dos contidos da materia por parte do alumnado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes