Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Química
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Haberá unha sesión inicial de presentación da materia, na que se exporán ao alumnado os contidos que se pretenden abordar, a metodoloxía docente en grupo grande e en grupos reducidos, e os criterios de avaliación.
Sesión maxistral Os contidos teóricos abordaranse nas sesións maxistrais mediante explicacións impartidas polo profesorado. O alumnado atopará en Moodle os esquemas das presentacións, cos contidos básicos, e materiais adicionais de cada tema, nos que se incluen test de autoavaliación.
Seminario Nos seminarios abordarase a análise e a resolución dalgúns dos exercicios propostos nos boletins de cada tema. Co obxecto de aproveitar ao máximo estas sesións, é moi importante que os alumnos traballen os exercicios previamente. O alumnado terá a súa disposición os boletíns e o material necesario para a súa resolución en Moodle.
Prácticas de laboratorio No laboratorio o alumnado realizará 7 prácticas relacionadas cos contidos teóricos que se abordan na aula, cunha duración de 2 h cada unha. O alumnado disporá do guión do traballo a realizar en cada sesión e dos materiais previos (lecturas, videos, etc.) que se repasarán antes de comezar a experimentación. O profesorado explicará os aspectos teóricos máis relevantes de cada práctica. Os guións incluirán o procedemento experimental e un cuestionario final. O alumnado deberá lelos previamente e terá que levalos ao laboratorio.
Cada alumno/a realizará individualmente unha memoria/caderno onde recollerá o obxecto e fundamento teórico da práctica, un esquema/debuxo do material empregado, os experimentos e as observacións feitas, os resultados obtidos, extraerá unhas conclusións e finalmente respostará ao cuestionario. A memoria será enviada en formato pdf, a través do Campus Virtual, para a súa avaliación por parte do profesorado.
Traballos tutelados O obxectivo fundamental destas sesións é o seguimento da compresión da materia por parte do alumnado. Para iso prográmanse 8 sesións dunha hora de titorías en grupos reducidos. Os alumnos deberán preparar previamente cada titoría, estudando os contidos correspondentes e realizando os exercicios dos boletíns previos que estarán dispoñibles a través da plataforma Moodle. Os alumnos deberán entregar as solucións dunha serie de exercicios propostos a través da plataforma Moodle antes das titorías. Nas titorías resolveranse e discutiranse os exercicios propostos no encerado, preferentemente polo alumnado. Levaranse a cabo durante estas titorías pequenas probas curtas por sorpresa e/ou a través da plataforma Moodle que contribuirán á cualificación global.
Proba obxectiva Farase un exame escrito co propósito de avaliar o grao de asimilación e a capacidade de aplicación dos contidos da materia por parte do alumnado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes