Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Química
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 A realización das prácticas é obrigatoria. A cualificación das prácticas representa o 25% da cualificación global. Valoraranse tanto a memoria enviada coma a actitude e o traballo desenvolvido no laboratorio. Para poder superar a materia é preciso obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 nesta parte. 25
Traballos tutelados A26 B1 B2 B3 B4 A cualificación das titorías representa un 25% da cualificación global. Valoraranse tanto o traballo individual do alumnado nos cuestionarios previos como a participación activa do alumno nas titorías, a asistencia e as cualificacións das probas curtas na clase e a través da plataforma Moodle. 25
Proba obxectiva A26 B1 B2 B3 B4 A proba obxectiva constará de varios exercicios prácticos ou teórico-prácticos similares aos realizados nos seminarios e nas titorías. Non se poderá superar a materia cunha cualificación inferior a 4,5 na proba obxectiva, aínda que a cualificación global sexa igual ou superior a 5.
50
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario obter unha cualificación global superior ou igual a 5 puntos (sobre 10), en calquera das dúas oportunidades (xaneiro e xullo). Non poderán superar a materia aqueles alumnos que teñan menos dun 4,5 (sobre 10) na proba obxectiva e/ou un 5 (sobre 10) nas prácticas de laboratorio.

A realización de todas as
prácticas é obrigatoria para poder superar a materia, porén, poderá faltarse a
un máximo de 2 das 7 sesións. Se o alumno/a non xustifica a falta a
cualificación desta práctica será de 0 e non poderá recuperala. Se a falta está
xustificada, sempre que sexa posible se recuperará noutro grupo, e de non ser
posible non se terá en conta na avaliación. Se a cualificación final das
prácticas é inferior a 5 se devolverá a memoria, coas indicacións pertinentes,
para que o alumno/a poida corrixila e enviala para unha segunda valoración por
parte do profesorado. A cualificación desta segunda revisión será definitiva e
se aplicará para o cálculo da cualificación global, tanto na primeira coma na
segunda oportunidade.

A asistencia as titorías é obrigatoria para superar a asignatura. O alumando que asistira a menos do 50% de ditos traballos tutelados obterá unha cualificación inferior ao 50% neste apartado nas dúas oportunidades de xaneiro e xullo, independentemente de cal fora o seu aproveitamento nas probas curtas durante as títorías ou a través de Moodle. Na segunda oportunidade de xullo, para facer a cualificación global, manterase a cualificación obtida durante o curso neste apartado.

No caso de alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación dos traballos tutelados substituirase pola obtida nas titorías personalizas, cun 25% da cualificación global, na primeira e na segunda oportunidade. No caso de circunstancias excepcionais, obxectivables e acaidamente xustificadas, o profesor responsable poderá eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de realizar o proceso de avaliación continuada. O alumnado que se atope nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia nas dúas oportunidades.

Outorgarase a cualificación de "non presentado" ao alumnado que participe en menos dun 25% das actividades académicas programadas (prácticas e traballos tutelados) e non se presenten á proba obxectiva.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na oportunidade correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes