Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Física
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A26 A30 A31 B5 B8 A cualificación total das prácticas representará un 15% da nota final, dividíndose nos seguintes apartados:
- Un 5% corresponderase coa memoria de prácticas entregada.
- Outro 5% representará a avaliación da realización dunha práctica o sexto día de asistencia ao laboratorio.
- O 5% restante resultará de avaliar os coñecementos adquiridos mediante a realización dunha proba tipo test facéndoa coincidir coa data das oportunidades de xuño e xullo.
A asistencia á sesión de aula previa, ás sesións de laboratorio e á proba tipo test é condición necesaria para ser avaliado, polo tanto, son de carácter obrigatorio.
Consideraranse aprobadas as prácticas ao alcanzar un mínimo de 0,7 puntos en total (sobre 1,5).
15
Solución de problemas A22 A26 B1 B2 B8 A participación nas sesións de Seminario supoñerá un máximo do 5% da cualificación final.
5
Proba obxectiva A22 A26 B2 B10 A valoración das probas sobre temas teóricos realizadas aos longo do curso, puntuará cun máximo dun 21% á nota final, mentres que a resolución dos problemas propostos, contribuirá cun máximo dun 49% á cualificación final.

A suma de ambas as dúas cualificacións (teoría e problemas) haberá de alcanzar un mínimo de 4 puntos (sobre 10) para ter opción de superar a materia.
70
Traballos tutelados B3 B4 B5 B8 B10 O traballo tutelado equivalerá ao 10%, como máximo, da cualificación final.
10
 
Observacións avaliación

A cualificación de Non Presentado resérvase para aqueles alumnos que non realizasen as prácticas na súa totalidade e non se presentasen ás distintas probas. A non presentación ás probas, coas prácticas realizadas e aprobadas, alcanzará a cualificación de suspenso. Na oportunidade de xullo conservaranse as notas de prácticas, asistencia e traballo tutelado.

Dado que a asistencia a todas as sesións das prácticas de laboratorio é condición necesaria para ser avaliado, a non asistencia sen causa xustificada (segundo o Artigo 12 das "Normas da avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario" vixente) implica non poder superar a materia. A realización destas farase exclusivamente durante o calendario oficial previsto polo centro.

O alumno que non alcance o mínimo esixido nalgunha das actividades, aínda que a nota de todas elas alcance o aprobado, terá un 4.5 en actas, é dicir, suspenso.

Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que realizar obrigatoriamente as prácticas de laboratorio así como as actividades derivadas destas para poder superar a materia, representando o 15% da nota global. Poderán optar a realizar o traballo tutelado (10%), representando a proba obxectiva o 75% da nota restante.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes