Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Física
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A26 A30 A31 B5 B8 A cualificación total das prácticas representará 1,5 puntos sobre a nota global final e a avaliación realizarase en base á memoria presentada.
A asistencia á sesión de aula previa e ás sesións de laboratorio é condición necesaria para ser avaliado, por tanto, son de carácter obrigatorio.
Consideraranse superadas as prácticas ao alcanzar un mínimo de 0,7 puntos sobre 1,5.
15
Solución de problemas A22 A26 B1 B2 B8 A participación nas sesións de Seminario supoñerá un máximo de 0,5 puntos sobre a nota global final. 5
Proba obxectiva A22 A26 B2 B10 A valoración das probas sobre temas teóricos realizadas ao longo do curso puntuará cun máximo dun 21% da nota final, mentres que a resolución dos problemas propostos contribuirá cun máximo dun 49% á cualificación final.

A suma de ambas cualificacións (teoría e problemas) deberá de alcanzar un mínimo de 4 puntos (sobre 10 puntos) para ter opcións de superar a materia.
70
Traballos tutelados B3 B4 B5 B8 B10 O traballo tutelado supoñerá un máximo de 1 punto sobre a nota global final. 10
 
Observacións avaliación

CUALIFICACIÓN DE NON
PRESENTADO:

A cualificación de Non
Presentado resérvase para aqueles alumnos que non realicen as prácticas na súa
totalidade e non se presenten ás distintas probas obxectivas. A non presentación ás
probas obxectivas, coas prácticas realizadas e aprobadas, suporá a cualificación de
suspenso. Na oportunidade de xullo conservaranse as notas de prácticas, participación
nos seminarios e traballo tutelado.

PRÁCTICAS DE
LABORATORIO:

Dado que a asistencia ás
sesións das prácticas de laboratorio é condición necesaria para ser avaliado, a
non asistencia sen causa xustificada (consultar o listado de causas xustificadas
no Artigo 12 das "Normas da avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario" vixente)
implicaría o seguinte:

a) unha falta non xustificada supón a redución
ao 50 % da nota final obtida,

b) mais dunha falta non xustificada supón o
suspenso da materia.

A realización das prácticas
farase exclusivamente durante o calendario oficial previsto polo centro.

Opcionalmente e para un número limitado de alumnos, a última práctica de laboratorio poderá substituirse por unha actividade de divulgación científica organizada polo Grupo de Innovación Docente ao que pertencen os profesores da materia (supoñendo a mesma nota máxima).

ALUMNOS MATRICULADOS CON DISPENSA ACADÉMICA:

A avaliación dos alumnos
que se matriculen con dispensa académica desglosarase da seguinte forma:

a) As prácticas de
laboratorio representan un valor máximo de 1,5 puntos. Son de carácter obrigatorio
podendo realizarse dentro do calendario oficial en calquera quenda de mañá ou
tarde. No caso de falta non xustificada, aplicaranse os mesmos criterios que se
describiron con anterioridade para os alumnos de matrícula ordinaria.

b) O traballo tutelado
representa un máximo de 1 punto. É de carácter opcional.

c) A proba obxectiva representa
un valor máximo de 7,5 puntos. Poderase realizar por parciais ou nas oportunidades
oficiais. Aplicaranse proporcionalmente os mesmos criterios que se describiron
con anterioridade para os alumnos de matrícula ordinaria.

ALUMNOS CON ADAPTACIÓNS ACADÉMICAS:

No caso de alumnos con necesidades específicas de aprendizaxe e dacordo cas indicacións da Unidade Universitaria de Atención á Diversidad (ADI), o profesorado adaptará as actividades de avaliación continua e obrigatorias para que o alumno poida optar a superar a materia.

CUALIFICACIÓN DE
SUSPENSO:

O alumno que non alcance
o mínimo esixido nalgunha das actividades, aínda que a nota de todas elas
alcance o aprobado, terá un 4,5 en actas, é dicir, suspenso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes