Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Xeoloxía
   Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Saídas de campo
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial para o alumnado co profesor, polo que implica unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento no que se desenvolverán indicaranse en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia. A solución de problemas prácticos en talleres servirán para constatar e orientar os contidos da materia e a súa asimilación polos alumnos ao ter lugar en grupos reducidos. Este seguimento tamén pode ter lugar en grupos reducidos durante as prácticas de laboratorio e no campo. A atención personalizada pode levar a cabo de forma non presencial a través do correo electrónico ou do campus virtual. Esta modalidade non presencial será a que se desenvolva principalmente para alumnos con dedicación a tempo parcial ou a distancia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes