Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Xeoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A22 B4 B5 B6 B7 B8 B10 Avaliación continua da capacidade para obter, seleccionar e comprender a información. Procesado e síntese da mesma. Avaliación do traballo en equipo. 10
Saídas de campo A6 A22 A32 B8 B9 Valoraranse as observacións e atención, así como a aplicación dos coñecementos á hora de interpretar as observacións, mediante unha memoria de campo. 10
Prácticas de laboratorio A22 A30 A31 A avaliación virá da asistencia e realización das prácticas, así como de probas prácticas durante as mesmas. 10
Presentación oral A22 B8 B9 Expoñeranse os temas nos 40-45 minutos iniciais, e finalizaranse as sesións con actividades interactivas para facer reflexionar aos alumnos sobre os contidos presentados. 70
 
Observacións avaliación

É obrigatoria a asistencia ao 80% de todas as actividades programadas.
Para superar a materia é necesario obter en cada unha das actividades como mínimo un 4,5 sobre 10 e ter unha cualificacion global de 5 sobre 10.
Para obter a cualificación de non presentado (NP) bastará con non presentarse ao exame final ordinario.

Quen non aprobe o curso mediante actividades de avaliación continua
deberá realizar o mesmo tipo de actividades de forma autónoma, aínda
que baixo a supervisión do persoal docente.

Tanto no exame final como na segunda oportunidade en xullo, manteranse
as cualificacións das actividades aprobadas anteriormente e só terán que
ser avaliadas as que non fosen aprobadas.

- A avaliación dos contidos teóricos (incluída a escala xeocronolóxica)
realizarase mediante unha proba escrita, presencial ou por medios
telemáticos se fose necesario.

- A proba de contidos do traballo en grupo reducido consistirá na
resolución dunha pregunta similar ás formuladas durante o curso mediante
o uso de bases de datos bibliográficas (Web of Science).

- A avaliación do traballo de laboratorio consistirá na entrega dun
traballo sobre recoñecemento de rocas

- A avaliación da actividade sobre o terreo consistirá na entrega dun
traballo bibliográfico sobre os aspectos xeolóxicos da zona de estudo
elixida para este curso.

Os estudantes a tempo parcial ou con exención de asistencia deben compensar a non asistencia ás actividades a través do
mesmo sistema descrito.

Os alumnos de cursos anteriores que se presenten á
convocatoria adiantada de decembro examinaranse segundo as instrucións contempladas
na guía docente da materia do curso precedente.

Calquera exame, tarefa, etc. na que se detecte plaxio recibirá
unha cualificación de cero.


















No caso de realización fraudulenta
das probas ou actividades de avaliación, aplicarase a normativa vixente na UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes