Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Estatística
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A21 B2 B3 B6 Cuestionario para avaliar o progreso nos bloques de PROBABILIDADE e ED-INF 10
Proba obxectiva A26 A30 B2 B3 B10 Cuestionario para avaliar a parte de ESTATÍSTICA DESCRIPTIVA e INFERENCIA ESTATISTICA. 75
Traballos tutelados A26 Traballo práctico de análise de datos con software estatístico 15
 
Observacións avaliación

A materia divídese en dous bloques, 1-Probabilidade e 2-Estatística Descriptiva-Inferencia Estatística. Cada un destes bloques avaliarase de forma independente, polo que o feito de superar un deles non afecta á nota do outro. A partede PROBABILIDADE representa o 45% da nota final (40% proba final, 5% cuestionarios de avaliación), e o outro bloque da materia Estatística Descriptiva-Inferencia Estatística representa o 55% da nota final (traballo tutelado da parte de ED 15%, proba final 35% e cuestionarios de avaliación 5%).

Para aprobar a asignatura é necesario ter aprobada por separado cada unha das dúas partes das que consta a materia. En caso contrario, de ter superado só un bloque ou ningún, a cualificación final será como máximo un 4.5.

(a) PROBABILIDADE: para superar este bloque a suma da cualificación da proba final e mais dos cuestionarios de avaliación debe ser como mínimo un 4.5 (sobre 10).

(b) ED - INF: para superar este bloque a suma da cualificación do traballo tutelado da parte de ED, da proba final e mais dos cuestionarios de avaliación debe ser como mínimo un 4.5 (sobre 10). Ademais, a calificación na proba final no pode ser inferior a un 4 (sobre 10).

Durante o curso poderanse realizar ata dúas probas finais eliminatorias parciais, de modo que o alumno que supere algún dos bloques con estas probas finais parciais terá aprobado o bloque correspondente do que foi avaliado de cara aos exames finais de maio/xullo.

Para obter a cualificación de NON PRESENTADO en maio, os alumnos non sepoderán ter presentado a ningunha proba parcial eliminatoria nin ao exame final desa primeira convocatoria de maio, nin ter entregado o traballo tutelado. Para obter a cualificaciónde NON PRESENTADO en xullo, os alumnos non se poderán ter presentado ó examefinal desa convocatoria.

Adicionalmente poderase valorar a asistencia e participación nos seminarios,titorías, clases prácticas, etc. puidendo aumentar ata un punto o valor da cualificaciónfinal.

Na segunda oportunidade de xullo, o criterio para superar a materia será o mesmo ca na primeira oportunidade de xuño

Tódalas observación previas son aplicables aos estudantes a tempo parcial e/ou con dispensa académica.

Plan de continxencia por mor da COVID19

Metodoloxía

Peso na cualificación

Descrición

Proba final

40% (Probabilidade) + 20% (Inferencia Estatística)

Para cada parte, será un pequeno cuestionario test a realizar o día fixado para o exame. Na parte de Probabilidade será preciso adxuntar por Moodle copia da resolución dos exercicios. Para aqueles estudantes que teñan dificultades técnicas na realización da proba final mediante Moodle, existe a posibilidade de realizar a proba noutra hora ou día.

Traballo en grupo

15% (Estatística Descriptiva) + 15% (Inferencia Estatística)

Traballo en grupo que consiste na análise descriptiva e inferencial dunha pequena base de datos con R.

Cuestionarios test en Moodle

10%

Realización de cuestionarios de tipo test en Moodle de cada un dos temas da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes