Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Estatística
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A21 B2 B3 B6 Cuestionario para avaliar o progreso nos bloques de PROB e ED-INF 10
Proba obxectiva A26 A30 B2 B3 B10 Proba final para avaliar a parte de PROB e mais de ED-INF 70
Traballos tutelados A26 Traballo práctico en grupo de análise de datos con software estatístico 20
 
Observacións avaliación

A materia divídese en dous bloques, 1-Probabilidade (PROB) e 2-Estatística Descriptiva-Inferencia Estatística (ED-INF). Cada un destes bloques avaliarase de forma independente, polo que o feito de superar un deles non afecta á nota do outro. O bloque de PROB representa o 45% da nota final (40% proba final, 5% cuestionarios online de avaliación), e o outro bloque da materia ED-INF representa o 55% da nota final (traballo tutelado 20%, proba final 30% e cuestionarios online de avaliación 5%).

Para aprobar a asignatura é necesario ter aprobado por separado cada un dos bloques dos que consta a materia. En caso contrario, de ter superado só un bloque ou ningún, a cualificación final será como máximo un 4.5.

(a) PROBABILIDADE: para superar este bloque a suma da cualificación da proba final e mais dos cuestionarios de avaliación debe ser como mínimo un 4.5 (sobre 10).  Ademais, a calificación na proba obxectiva no pode ser inferior a un 4 (sobre 10).

(b) ED - INF: para superar este bloque a suma da cualificación do traballo tutelado, da proba final e mais dos cuestionarios de avaliación debe ser como mínimo un 4.5 (sobre 10). Ademais, a calificación na proba final no pode ser inferior a un 4 (sobre 10).

Durante o curso realizarase una proba parcial eliminatoria do bloque de PROB, de modo que quen supere o bloque con esta proba parcial terá aprobado o bloque de cara á avaliación da asignatura en calquera das dúas oportunidades.

Para obter a cualificación de NON PRESENTADO na primeira oportunidade, é preciso non se ter presentado a ningunha proba obxectiva nin ter entregado ningún traballo tutelado. Para obter a cualificaciónde NON PRESENTADO na segunda oportunidade en xullo, será preciso non se ter presentado a ningunha proba obxectiva nesa oportunidade.

Adicionalmente poderase valorar a asistencia e participación nos seminarios, titorías, clases prácticas, etc. así coma os resultados dos cuestionarios online de autoavaliación (non avaliables) puidendo aumentar ata un punto o valor da cualificación final.

Na segunda oportunidade de xullo, o criterio para superar a materia será o mesmo ca na primeira oportunidade de xuño.

Tódalas observación previas son aplicables ao estudantado a tempo parcial e/ou con dispensa académica.

No caso de realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación
aplicarase a normativa vixente nas Normas de avaliación, revisión e reclamación da UDC e no Estatuto do Estudantado da UDC

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes