Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Estatística
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A21 B2 B3 B6 Cuestionario para avaliar o progreso nos bloques de PROB e ED-INF 10
Proba obxectiva A26 A30 B2 B3 B10 Proba final para avaliar a parte de PROB e mais de ED-INF 70
Traballos tutelados A26 Traballo práctico en grupo de análise de datos con software estatístico 20
 
Observacións avaliación

A materia divídese en dous bloques, 1-Probabilidade (PROB) e 2-Estatística Descriptiva-Inferencia Estatística (ED-INF). Cada un destes bloques avalíase de forma independente, polo que o feito de superar un deles non afecta á nota do outro. O bloque 1-PROB representa o 45% da nota final (40% proba final, 5% cuestionarios online de avaliación), e o outro bloque 2-ED-INF representa o 55% da nota final (traballo tutelado 20%, proba final 30% e cuestionarios online de avaliación 5%).

Para aprobar a asignatura é necesario ter aprobado por separado cada un dos bloques dos que consta a materia. A nota final será a suma ponderada das calificacións de cada bloque. En caso contrario, de ter superado só un bloque ou ningún, a calificación final será a suma ponderada das calificacións de cada bloque, sendo como máximo un 4.5.

Para superar cada bloque, é necesario:

(a) PROBABILIDADE: a calificación na proba obxectiva (sobre 10) no pode ser inferior a un 4. Ademais, a suma ponderada da calificación da proba final (40%) e mais dos cuestionarios de avaliación (5%) debe ser como mínimo un 2.025 sobre 4.5 (correspondente a un 4.5 sobre 10). 

Durante o curso realizarase unha proba parcial eliminatoria do bloque de PROB, de modo que quen supere o bloque con esta proba parcial terá aprobado o bloque de cara á avaliación da asignatura en calquera das dúas oportunidades.

(b) ED - INF: a calificación na proba obxectiva (sobre 10) non pode ser inferior a un 4. Ademais, a suma ponderada da cualificación do traballo tutelado (20%), da proba final (30%) e mais dos cuestionarios de avaliación (5%) debe ser como mínimo un 2.475 sobre 5.5 (correspondente a un 4.5 sobre 10).

Para obter a cualificación de NON PRESENTADO na primeira oportunidade, é preciso non se ter presentado a ningunha proba obxectiva nin ter entregado ningún traballo tutelado. Para obter a cualificación de NON PRESENTADO na segunda oportunidade en xullo, será preciso non se ter presentado a ningunha proba obxectiva nesa oportunidade.

Adicionalmente poderase valorar a asistencia e participación nos seminarios, titorías, clases prácticas, etc. así coma os resultados dos cuestionarios online de autoavaliación (non avaliables) puidendo aumentar ata un punto o valor da cualificación final.

Na segunda oportunidade (xullo), o/a estudante poderá realizar as probas obxectivas do bloque que non teña superado na primeira oportunidade. O traballo tutelado (20%) e os cuestionarios de avaliación (5% + 5%) considéranse actividades de avaliación continua, polo que se manterán as calificacións obtidas durante o curso. O criterio para superar a materia será o mesmo ca na primeira oportunidade (xuño).

Na oportunidade adiantada de decembro aplicarase a guía docente do curso académico en vigor 2023-2024.

Tódalas observacións previas son aplicables ao estudantado a tempo parcial e/ou con dispensa académica.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a calificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será calificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa calificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes