Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Estatística
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas/610G02003

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Análise de datos en Bioloxía/610G02044

Observacións

Recoméndase:

1- Asistencia e participación nas clases, tanto de índole teórico como práctico. Os seminarios e prácticas están pensados para a resolución de exercicios, non para explicar de novo cuestións teóricas. Recoméndase NON ASISTIR A CLASES PRÁCTICAS se o/a estudante non asiste regularmente a clase de teoría.

2- Realización de todos os problemas resoltos en clase con e sen axuda do software estatístico.

3- Complementar o material facilitado polo profesorado con axuda da bibliografía recomendada.

4- Lectura e estudo continuo da materia e realización dos cuestionarios e listados de problemas proporcionados polo profesorado.

5- Participación activa nos seminarios programados para a presentación e defensa de traballos propostos polo profesorado.

6- Familiarizarse co software estatístico mediante un uso regular e continuado do mesmo.

7- Tentar aplicar as técnicas estatísticas a problemáticas tratadas noutras materias do curso.

8- Uso regular e aproveitamento das sesións de titoría personalizadas.

Ademais, segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, etc.)

• Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

• Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes