Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Histoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A29 B4 B8 Realizaranse dous exames parciais teóricos escritos (e un práctico, ver apartado prácticas de laboratorio) durante o período lectivo da materia (o primeiro dos exames parciais comprenderá os temas 1 ao 9 do programa e representará un 40%, mentres que o segundo dos exames parciais a realizar comprenderá os temas 10 ao 22 e suporá o 60%), así como un exame final para os alumnos que ou ben non superasen devanditos exames parciais teóricos e/ou práctico, ou ben non se presentaran aos mesmos. Devanditos exames teóricos consistirán en preguntas tipo test (de resposta múltiple) e/ou de resposta curta sobre os contidos das clases maxistrais e sesións en grupo reducido. 65
Proba obxectiva A1 A29 B3 B5 B8 Realizaranse 2 probas (escritas) ao longo do cuadrimestre: a primeira incluirá contidos relacionados coa histoloxía vexetal, e a segunda abordará parte dos contidos relacionados coa histoloxía animal. Ditas probas consistirán nunha combinación de distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de resposta breve, de identificación de esquemas/imaxes, de completar e/ou de asociación.
10
Sesión maxistral A1 A29 A asistencia e participación activa nas clases teóricas (maxistrais e grupos reducidos) e prácticas terase en conta no sistema de avaliación a aplicar. 5
Prácticas de laboratorio A1 A4 A5 A11 A29 A30 A31 B3 B4 B5 O alumno realizará un exame práctico que suporá o 20% da cualificación final. O exame práctico consistirá na identificación e interpretación de imaxes de cortes histolóxicos e/ou preparacións microscópicas, tanto vexetais como animais.
20
Aprendizaxe colaborativa A1 A29 B3 B5 B8 A asistencia e participación activa nas clases teóricas (maxistrais e grupos reducidos) e prácticas terase en conta no sistema de avaliación a aplicar.
0
 
Observacións avaliación

Consideracións xerais:

O alumno disporá de dúas oportunidades oficiais para superar a materia (final de cuadrimestre e xullo). Así mesmo, realizaranse 2 exames parciais teóricos e un exame práctico liberatorios ao longo do cuadrimestre.

A cualificación de Non Presentado aplicarase no caso de que o estudante non se presentase ás probas correspondentes nas oportunidades oficiais de avaliación.

Aspectos e criterios de avaliación:

1. Alumnado con dedicación completa

Na oportunidade de final de cuadrimestre teranse en conta, para o cómputo da cualificación global, os distintos apartados recollidos no sistema de avaliación, debéndose superar cada un destes para proceder ao cálculo da cualificación final (global). Como xa se indicou, realizaranse dous exames parciais teóricos escritos (e un práctico) durante o período lectivo da materia (o primeiro dos parciais representará un 40%, mentres que o segundo suporá o 60%), así como un exame final para os alumnos que ou ben non superasen devanditos exames teóricos e/ou práctico, ou ben non se presentaran aos mesmos, representando o 65% da cualificación final. O exame práctico suporá o 20% da cualificación final. A realización das actividades expostas (proba obxectiva) durante as sesións en grupo reducido suporá o 10% da cualificación final, mentres que a asistencia e participación activa nas clases teóricas (maxistrais e sesións en grupo reducido) e prácticas suporá o 5% da cualificación final.

Como xa se indicou as prácticas son obrigatorias, e necesaria a súa realización para superar a materia.

Na oportunidade final de xullo poderase/n recuperar a/s parte/s non superada/s, teórica (no seu conxunto) e/ou práctica, representando éstas o 80% e o 20% da cualificación final, respectivamente.

2. Alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

Tanto na oportunidade de final de cuadrimestre como na oportunidade final de xullo teranse en conta, para o
cómputo da cualificación global, a calificación obtida no exame teórico e a correspondente á parte práctica (ver máis arriba formato de ambolos dous exames), representando éstas o 80% e o 20% da cualificación final, respectivamente.

Nota: Para que se teñan en conta as cualificacións nas distintas actividades suxeitas a avaliación é preciso superar (alcanzar o 50% da cualificación) cada un dos apartados que integran o devandito sistema de avaliación. De non alcanzarse dita puntuación nalgunha delas e aínda que a media dos distintos apartados sexa igual ou superior a 5 (sobre 10) a materia figurará como suspensa e a cualificación de 4,9.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes