Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Organografía microscópica
   Contidos
Temas Subtemas
Temario de teoría (Parte de organografía microscópica vexetal)
Temario de teoría (Parte de organografía microscópica vexetal)


Tema 1.- A raíz: Xeneralidades. Histoxénesis.

- Estrutura primaria: organización interna da raíz. Orixe e desenvolvemento das raíces laterais.

- Estrutura secundaria. Crecemento secundario anómalo.




Tema 2.- O tallo: Caracteres xerais. Orixe.
- Estrutura primaria: Organización interna do talo en angiospermas e gimnospermas. Diferenciación e distribución do sistema vascular.

- Estrutura secundaria típica (dicot-e gimnospermas). Crecemento secundario en monocotiledóneas. Crecemento secundario anómalo


Tema 3.- A folla: Xeneralidades. Orixe e desenvolvemento da folla vexetativa.
- Organización das follas de angiospermas e gimnospermas: Epidermis, mesófilo e sistema vascular. Estrutura do pecíolo. Abscisión foliar.

-Adaptacións estruturais das follas ao medio ambiente.
Tema 4.- A flor. Organización xeral. Orixe. Estrutura histolóxica: sépalos e pétalos. Vascularización.
-Flor masculina. Estrutura e histoloxía do androceo. Microsporoxénese en anxiospermas. Tubo polínico

- Flor feminina. Estrutura e histoloxía do xineceo. Placentación. Macrosporoxénese. Fecundación
Temario de teoría (Parte de organografía microscópica animal) Temario de teoría (Parte de organografía microscópica animal)
Tema 5.- Tegumento de mamíferos (pel). Caracteres es- tructurais. Epidermis. Dermis. Hipodermis. Irrigación. Inervación.

- Anexos cutáneos: Glándulas dsebáceas e sudoríparas da pel. Formacións cutáneas de revestimento: estructura de los pelos e uñas.
Tema 6.- Aparello dixestivo de mamíferos. Xeneralidades e organización do tubo dixestivo.
- Parte I. Cavidade bucal: Beizos, padal, lingua. Farínxe. Organización histolóxica da parede do tubo dixestivo. Esófago. Estómago: estructura y tipos celulares das glándulas gástricas (cardiales, fúndicas e pilóricas)

- Parte II. Intestino delgado: Organización xeral. El epitelio intestinal: caracteres de sus tipos celulares. Estructura das vellosidades e criptas. Especializacións rexionais (duodeno, yeyuno e ileon). O intestino groso (apéndice, colon, recto e ano): Organización histolóxica.

Tema 7.-. Aparello respiratorio de mamíferos. Organización anatómica.



- ParteI. Estrutura das vías aéreas condutoras superiores: Fosas nasais, senos paranasais, nasofaringe, laringe, traquea e árbore bronquial (até bronquíolos terminais).

- Parte II. Estrutura microscópica da porción respiratoria dos pulmóns: bronquíolos respiratorios, condutos alveo- lares, sacos alveolares e alvéolos. Tabique alveolar e o complexo alvéolo-capilar. Pulmón: irrigación e inervación.

Tema 8.- Aparello excretor de mamíferos. Organización anatómica do ril. Estrutura da nefrona: partes e constitución histolóxica.




- Parte I. O corpúsculo renal e a barreira de filtración. O sistema tubular: Túbulo proximal. Asa de Henle. Túbulo distal. Caracteres estructurais do Complexo yuxtaglomerular. O mesanxio.

- Parte II. Intersticio renal. Túbulos e condutos colectores. Vías urinarias: Organizacióm microscópica da pelvis renal, uréter, vejiga urinaria e uretra. Inervación e irrigación

Tema 9.-. Aparello reprodutor masculino de mamíferos. Histoloxía do testículo: Estructura microscópica dos túbulos seminíferos e do tecido intersticial .


- Parte I. Os condutos excretores xenitais: estrutura dos túbulos rectos, rede testicular, conductillos eferentes, epididimo, conduto deferente, conduto eyaculador.

- Parte II. Glándulas sexuais accesorias: Estrutura das vesículas seminales, próstata, e glándulas bulbouretrales. Organización histolóxica do pene e tecido eréctil

Tema 10.- Aparello reprodutor feminino de mamíferos. Estrutura microscópica do ovario. Desenvolvemento dos folículos ováricos, corpo lúteo, corpo blanco e tecido intersticial


- Parte I. Os condutos xenitais: estrutura das trompas uterinas, útero e vagina. Cambios cíclicos na mucosa uterina

- ParteII. Os órganos xenitais externos (vestíbulo, clítoris e vulva).
Tema 11.- O sistema nervioso central.

- Parte I. Histoxénesis e organización xeral do sistema
nervioso central de vertebrados. Placas alar e basal. Sustancia gris e branca. As vesículas e ventrículos encefálicos. Meninxes. Estructura microscópica dos plexos coroideos. O liquido cefalorraquídeo.

- Parte II. Estudo da cortiza cerebelosa e da médula espinal.
Tema 12.- O sistema endocrino de mamíferos. Introdución.
- Parte I.Glándulas endocrinas. Hipófise: Histoxénesis. organización e tipos celulares da adenohipófisis). Estructura da neurohipofise (sistemas neurosecreto- res). Glándula pineal (Histoxénesis, organización).

- Parte II. Glándulas suprarrenais (histoxénesis, orga- nización estructural de la corteza y médula). Glándulas tiroides y paratiroides.
Temario de clases prácticas
- Observación e identificación de tecidos e órganos vexetais en preparacións microscópicas de raíces, talos, follas e flores. Interpretación de micrografías e esquemas

- Observación, identificación e interpretación de diferentes órganos animais en preparacións microscópicas e micrografías
Prácticas de Organografía Microscópica Vexetal:








- A raíz. Estudo das adaptacions das raíces ao medio no que viven: raíz de plantas hidrófitas (Elodea) e de plantas epífitas (orquídea). Estudo da raíz secundaria de ximnospermas (piñeiro).

- Estudo da estrutura secundaria do talo: Observacion da sección transversal dun talo secundario de vide. Sección transversal de talo secundario de cucurbita.

-A folla. Estudo das adaptacións foliares en seccions transversais de follas de plantas hidrófitas, mesófitas e xerófitas. Follas de plantas C3 e C4.


Prácticas de Organgrafía Microscópica Animal: - Estudo do Sistema Nervioso Central: Estructura en corteza neural do Cerebelo.

- O sistema endocrino: Estudo da Hipófisis. Glandulas suprarrenais. A glandula tiroides.

- Aparello Dixestivo: Observación da parede do estómago a nivel do fundus. Estudo das especializacións da parede do Intestino delgado (duodeno, yeyuno e ileon). O Intestino groso (colon).

- Aparello Excretor: Estudo do ril (Estructura microscópica da corteza e medula renal).

- Aparello Reprodutor Masculino: Observacion da estrutura dos túbulos seminíferos para o estudo do epitelio seminífero.

-Aparello Reprodutor Feminino: Observación da estrutura microscópica dos folículos ováricos. Corpo lúteo, corpo branco.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes