Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
Inicio | galego | castellano | english | A A |
Grao en Bioloxía
Asignaturas
Organografía microscópica
Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 B8 - A asistencia a todas as clases prácticas é imprescindible para superar a materia. Se o alumno ten faltas de asistencia as clases prácticas sen xustificar, non poderá presentarse o examen práctico de tal modo que terá a asignatura suspensa.

- Nesta materia non se realizarán exames parciais.

- Na convocatoria de Maio, O exame final (teoría e práctica) supón un 80% da cualificación final. Desta porcentaxe o 80% corresponde ao exame teórico e o 20% ao exame práctico.

- A avaliación da parte teórica da materia, vén determinada polo exame teórico, que constará de preguntas curtas e de preguntas tipo test de elección múltiple sobre os contidos das clases maxistrais e sesións de tutoría de grupos reducidos. Tamén se poderán incluír cuestións dirixidas á interpretación de figuras teóricas. Se o exame é de tipo test, só se cualificarán as contestacións realizadas exclusivamente no persoal anexo ao exame.

- A avaliación dos contidos desenvolvidos durante as clases prácticas de laboratorio, levará a cabo mediante un exámen práctico no cal se valorará a identificación e descrición de preparacións microscópicas, iguais ou diferentes das estudadas nas clases prácticas, e que serán contestadas exclusivamente no espazo reservado para iso.

- Os alumnos que non superasen o exame oficial da Convocatoria de Maio, ou non se presentaron á mesma poderán examinarse na Convocatoria de Xullo.

_ Coa proba obxectiva, o alumno demostrará o grao de coñecemento e destrezas adquirido ao longo do curso, asi como a capacidade de síntese e abstracción desenvolvidos.

64
Prácticas de laboratorio A1 A4 A5 A11 A30 A31 B3 B4 B7 B8 - Valórase a asistencia, participación, iniciativa, atención, conduta e opinións desenvolvidas nas actividades realizadas durante as clases prácticas (localización, identificación e interpretación de preparacións microscópicas de órganos animais e vexetais).
20
Discusión dirixida A1 A5 A11 A29 B1 B3 B4 B6 B7 B8 B11 - Valórase a asistencia, participación, atención e conduta do alumno en todas as actividades desenvolvidas durante as sesións de discusión dirixida (cuestionarios, interpretación de imaxes microscópicas de órganos, exposición de dúbidas).

16

Observacións avaliación

A avaliación da materia basearase nun exame de contido teórico, un exame de contido práctico, e unha avaliación continua de todas as actividades desenvolvidas durante as sesións dos grupos reducidos.

A asistencia aos seminarios de grupos reducidos e ás clases prácticas é condición imprescindible  para ser avaliado. É necesaria a asistencia e participación en, polo menos, o 80 % de cada unha das actividades presenciais da materia.

Na convocatoria de maio realizarase un exame final teórico-práctico para a avaliación da aprendizaxe Todas as actividades formativas terán unha puntuación comprendida entre 0 e 10 puntos. Para calcular a nota final teranse en conta os seguintes criterios:

1. Avaliación da aprendizaxe teórica. A nota obtida neste apartado suporá o 80 % da nota final.

2. Avaliación da aprendizaxe práctica. A nota obtida neste apartado suporá o 20 % da nota final.

3. Avaliación da asistencia, participación e entrega das actividades expostas polo profesor  durante todas as actividades da materia. A nota  obtida neste apartado suporá o 20% da nota final da parte teórica.

**Para superar a materia na convocatoria de maio,  a suma global dos mencionados apartados deberá estar comprendida entre 5 e 10 puntos, sendo necesario obter polo menos 5 puntos en cada un do tres apartados. Se non se cumprise este requisito a cualificación final correspondería coa do apartado que teña menor valor.

Os alumnos que non aproben a materia na convocatoria de maio, ou non se presentaron á mesma, poderán tentalo de novo na proba de Xullo. Neste caso, a avaliación consistirá:

1. Nunha proba escrita sobre os contidos tanto teóricos da materia como das sesións de discusión dirixida realizadas polos alumnos. A nota obtida neste apartado (comprendida entre 0 e 10 puntos) suporá o 80 % da nota final.

2. Nunha proba práctica de idéntica natureza á mencionada anteriormente. A nota obtida neste apartado (comprendida entre 0 e 10 puntos) suporá un 20 % da nota final.

**Para superar a materia na convocatoria de Xullo, a suma global dos mencionados apartados deberá estar comprendida entre 5 e 10 puntos, sendo necesario obter polo menos 5 puntos en cada un dos dous apartados. Se non se cumprise este requisito a cualificación final correspondería coa do apartado que teña menor valor.

A cualificación de NON PRESENTADO, aplicarase unicamente no caso de que o alumno/a non realice ningunha das probas obxetivas durante o cuatrimestre incluíndo o examen final tanto da oportunidade de Maio como na de Xullo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes