Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Bioloxía do desenvolvemento
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Consiste nuhna sesión de presentación da asignatura donde exporase e explicarase o obxeto e obxectivos da materia, a súa estructuración, as actividades, os criterios de avaliación, etc... (todos eles contidos de xeito breve na guía docente), e donde o alumno/a poderá resolver calquera dúbida ou cuestión relativa aos mesmos
Discusión dirixida As sesións teóricas (modalidad e de clases invertidas) serán de 50 minutos, nas que se abordarán os temas do programa previstos no organigrama da asignatura, e sobre o que o estudante xa deberá ter traballado con anterioridade a partir dos textos recomendados e o documento editado polo docente a súa dispor. Na sesión analizaranse os conceptos mais importantes e complexos e resolveranse as dúbidas xurdidas no traballo personal ou nas actividades que se realizaren na sesión (estudo de casos e problemas, deseño e interpretación de experimentos, actividades gamificadas...)
Seminario En cada sesión de seminario presentarase e discutirase entre todos os participantes un aspecto ou tema da materia planificado no organigrama. Os alumnos deberán preparar pola súa conta o tema ou parte do tema previsto e que o profesor poderá asignar. O profesor asistirá as dúbidas que poidan xurdir na elaboración do mesmo.
Prácticas de laboratorio As prácticas representan o complemento indispensable ás leccions teóricas onde se abordan algúns dos procesos do desenvolvemento animal e se profundíza nalgún de eles.
Lecturas Neste apartado inclúense medios audiovisuáis específicamente seleccionados (videos da plataforma JoVe ou Youtube) sobre aspectos experimentais, metodolóxicos ou ilustrativos da embrioxenese de especies animáis.
Proba mixta O exame será escrito e composto de preguntas de resposta breve sobre aspectos da asignatura tratados tanto nas leccións teóricas, seminarios e prácticas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes