Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Bioquímica: Bioquímica II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A10 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B11 B13 Traballo do alumno en grupos reducidos e controis

20
Prácticas de laboratorio A8 A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B13 Participación e Exame.

15
Proba mixta A8 A10 A26 B2 B3 B7 B13 Avaliaranse os coñecementos adquiridos polos alumnos tanto nas sesions maxistraiss como en clases de problemas.


65
 
Observacións avaliación

A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria para superar a materia. A asistencia poderá convalidarse, previa solicitude, pola xa realizada no curso inmediatamente anterior. Se non se realizan practícas o alumno terá que superar un exame que demostre a súa capacitación práctica.

Ademais da asistencia a prácticas, para a súa cualificación valóranse as competencias adquiridas mediante un exame de prácticas independente da proba mixta.

A asistencia e participación nos grupos reducidos (resolución de problemas) valóranse mediante o seu traballo nos grupos, elaboración de esquemas e controis.

Na opción de avaliación de Xaneiro para aprobar a materia é necesario ter polo menos 26 puntos na proba mixta dos 65 totais e sumar no total de actividades máis de 50 puntos. Se non se alcanzan 26 puntos na proba mixta non suman as cualificacións do resto das actividades (laboratorio e grupos reducidos).

De face á cualificación de Xullo poderanse conservar as notas das partes aprobadas en xaneiro e presentarse só ás partes pendentes. Alternativamente, en xullo pódese recuperar o 100% da nota da materia cos exames de prácticas (15%) e proba mixta (85%).

Para os alumnos con dedicación a tempo parcial ou exención de asistencia, na comvocatoria de Xaneiro e Xullo haberá un exame específico de avaliación global.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes