Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Bioquímica e Bioloxía Molecular
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A8 A12 A17 A27 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B13 A asistencia é obrigatoria. O alumnos interpretarán os resultados obtidos e presentarán un traballo que incluirá un pequeno proxecto de investigación relacionado co traballado nas prácticas.
20
Proba mixta A29 B2 B3 B7 B10 B13 Avaliaranse os coñecementos adquiridos por os/as alumnos/as tanto nas sesions maxistrais como nos problemas traballados en grupo.
50
Solución de problemas A29 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B11 B13 Traballo do alumno nos grupos reducidos: seminarios e posibles controis .
22.5
Análise de fontes documentais A29 B1 B3 B5 B7 B10 B11 B13 Traballo en grupo reducido: Actividade de extracción e manexo de información científica e divulgativa que se traballará en grupos e elaboración dunha actividade divulgativa para expoñer na clase de grupos reducidos na que tamén haberá un debate. Avaliaranse o rigor científico da información (traballo grupal), a calidade da presentación visual (traballo grupal), a fluidez e claridade da exposición oral (traballo individual) e a capacidade de resposta (traballo individual) 7.5
 
Observacións avaliación

.-É necesario ter APROBADAS as 3 partes: Actividades (Solución de problemas / Análise de fontes documentais) Prácticas e Proba Mixta, de forma independente, para facer a suma e superar a materia.

.-De cara á Cualificación Final, nas Actas (en calquera das 2 oportunidades: Xuño ó Xullo), só se sumaran as notas das partes (Proba Mixta, Prácticas e Seminarios) se na Proba Mixta se alcanza o 45% do seu valor. De non alcanzar o devandito porcentaxe, nas Actas aparecerá só a nota de 4.

.-No exame final da 2ª oportunidade_ Xullo poderase recuperar a nota só das partes da materia
teórica (proba mixta) da 1ª oportunidade_Xuño. Non haberá exame de Prácticas na 2ª oportunidade de Xullo.

.-A asistencia ás prácticas de laboratorio é condición necesaria para ser avaliado. A non asistencia sen unha razón xustificada adecuadamente impide a superación da materia. Os alumnos que superasen as prácticas nos dous cursos anteriores poderán solicitar a súa convalidación.

.-Os alumnos que non se presenten ás probas oficiais terán un Non Presentado en Actas.

.-Segundo a normativa de cualificacións e actas nos Graos e Mestrados, a Comisión de Calidade da Facultade, acordou a recomendación de que se concederán Matrículas de Honra a aqueles alumnos que obtivesen as máximas cualificacións na primeira avaliación (Xuño).

.-Para os alumnos con dedicación a tempo parcial ou exención de asistencia, na convocatoria de
Xuño e Xullo haberá un exame específico de avaliación global.

.-Excepcionalmente, no caso de que o estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera
realizar todas as probas de avaliación continua, o/s Profesor/es adoptará/n as medidas que considere/n oportunas a tal efecto.

.-Aparte dos exames dos alumnos que cursan a materia en inglés, e debido ó feito de que o inglés é unha competencia transversal no Grao en Bioloxía, algúns materiais e preguntas curtas na clase ou no exame (relacionadas co traballado nos grupos reducidos e nas prácticas) poderían estar en inglés. En caso de dúbida, a profesora axudará ó alumno a entendela pregunta.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes