Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Microbioloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesorado das bases teóricas da materia
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio son de asistencia obrigatoria para todos os alumnos/as. Nelas abórdanse, desde o punto de vista experimental, aspectos tratados nas sesións maxistrais e nos seminarios. Trátase de que o alumno/a se inicie correctamente nos procesos e metodoloxías básicas da Microbioloxía.
Proba mixta Proba escrita na que se porá valor ao grao de coñecemento e comprensión alcanzados polo alumno/a
Seminario Realización de seminarios, que poderán ser de distintos tipos, relativos a aspectos da materia. Supoñen un reforzo dos contidos tratados nas clases maxistrais e/ou nas prácticas e tratarán de estimular o traballo continuado do alumno ao longo do cuadrimestre. Serán valorados conxuntamente coa sesión maxistral na proba mixta, sen prexuízo de establecer valoracións específicas
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes