Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Técnicas en Microbioloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesorado na que se desenvolverá o programa teórico da materia.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio son de asistencia obrigatoria para todo o alumnado. Introducirase o alumno na utilización de diferentes técnicas de análise e estudo de microorganismos. Ademáis, realizaranse análises microbiolóxicas para diferentes casos prácticos e exercerase a crítica científica.
Seminario Traballo individual no que o estudante deberá elaborar ou/e resolver, de maneira razoada, os resultados que previamente obtivo nas distintas prácticas de laboratorio, traballándose asimesmo a expresión e interpretación dos mesmos. Esta metodoloxía avaliarase mediante unha proba escrita específica.
Estudo de casos Traballo en grupo no que aos estudantes formularáselle un suposto práctico, no que deberán indicar razoadamente as actuacións a seguir dende o punto de vista dun microbiólogo, para satisfacer a demanda esixida no suposto
Proba mixta Proba escrita na que se poñerá en valor o grao de coñecemento e comprensión alcanzados polo alumno de todos os aspectos incluídos na materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes