Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Xenética
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B1 B2 B3 B8 B9 C.- Na proba mixta valorarase o dominio e comprensión de conceptos teóricos, claridade expositiva, capacidade de relacionar e integrar a información xenética tratada nas clases de teoría e seminarios, e capacidade de resolver cuestións e problemas.

60
Prácticas de laboratorio A2 A4 A11 A12 A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B.- O coñecemento e comprensión sobre o significado das tarefas realizadas e a interpretación dos resultados obtidos hanse valorar mediante unha proba escrita. PARA SUPERAR A MATERIA É OBRIGATORIO ASISTIR ÁS PRÁCTICAS E APROBAR O EXAME CORRESPONDENTE.

15
Traballos tutelados A1 A12 A26 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 A.- Valorarase o grao de comprensión do tema tratado, a capacidade de análise e síntese, a bibliografía consultada e a claridade da exposición ou redacción. No caso de boletíns de cuestións e problemas valorarase a capacidade de razoamento e de achegar solucións. Non será indispensable aprobar os traballos tutelados para aprobar o conxunto da materia.

25
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia cómpre acadar o 50% da puntuación correspondente ao apartado B e o 50% da puntuación correspondente ao apartado C.

A cualificación do apartado B igual ou superior ao 50% obtida nun curso académico hase gardar para as convocatorias dos dous cursos académicos seguintes.

Considerarase NON PRESENTADO cando o alumno non realice NINGUNHA das actividades avaliables.

No caso de que un alumno aprobe a proba mixta e os traballos tutelados (ámbalas duas partes coa nota máxima: 6 e 2.5, respectivamente) pero suspenda as prácticas, a nota final será de 4.5 (non aprobará a materia).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes