Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Xenética
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B1 B2 B3 B8 B9 B.- Na proba mixta valorarase o dominio e comprensión de conceptos teóricos, claridade expositiva, capacidade de relacionar e integrar a información xenética tratada nas clases de teoría e seminarios, e capacidade de resolver cuestións e problemas.
60
Prácticas de laboratorio A2 A4 A11 A12 A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 A.- O coñecemento e comprensión sobre o significado das tarefas realizadas e a interpretación dos resultados obtidos hanse valorar mediante unha proba escrita. PARA SUPERAR A MATERIA É OBRIGATORIO ASISTIR ÁS PRÁCTICAS E APROBAR O EXAME CORRESPONDENTE.

15
Traballos tutelados A1 A12 A26 A29 B9 B8 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C.- Valorarase o grao de comprensión do tema tratado, a capacidade de análise e síntese, a bibliografía consultada e a claridade da exposición, redacción e ortografía. No caso de boletíns de cuestións e problemas valorarase a capacidade de razoamento e de achegar solucións. Non será indispensable aprobar os traballos tutelados para aprobar o conxunto da materia.

25
 
Observacións avaliación

Para aprobar
a materia cómpre acadar o 50% da puntuación correspondente ao apartado A (prácticas) e
o 50% da puntuación da proba mixta (apartado B).

Considerarase
NON PRESENTADO cando o alumno non realice NINGUNHA das actividades avaliables.

No caso de
que a suma total das cualificacións fose igual ou superior a 5.0, pero a
parcial de contidos teóricos (apartado B) ou prácticos (apartado A) non superara a nota mínima requerida, a
cualificación final corresponderá á obtida na proba non superada, ou á media delas no caso de estaren ámbalas dúas suspensas.

No caso de
situacións excepcionais debidamente xustificadas poderán adoptarse medidas
adicionais para que a/o estudante poida superar a materia, tales como
flexibilidade no prazo de entrega de traballos tutelados, flexibilidade no
horario de prácticas ou realización dunha proba global de avaliación dos
resultados da aprendizaxe.

Os
estudantes con adicación a tempo parcial oficialmente recoñecida poderán
realizar as actividades propostas nos seminarios vía on-line e, mediante as
titorías (presenciais ou on-line), solucionar as cuestións que poidan xurdir.
No caso de estudantes que participen en modalidades específicas de aprendizaxe
e apoio á diversidade o profesorado adaptará as actividades de avaliación
continua e obrigatorias para que o estudante poida optar a superar a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes