Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Xenética
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B1 B2 B3 B8 B9 B.- Na proba mixta valorarase o dominio e comprensión de conceptos teóricos, redacción e ortografía, capacidade de relacionar e integrar a información xenética tratada nas clases de teoría e seminarios, e capacidade de resolver cuestións e problemas.
60
Prácticas de laboratorio A2 A4 A11 A12 A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 A.- O coñecemento e comprensión sobre o significado das tarefas realizadas e a interpretación dos resultados obtidos hanse valorar mediante unha proba escrita. PARA SUPERAR A MATERIA É OBRIGATORIO ASISTIR A TODAS AS PRÁCTICAS E APROBAR A PROBA CORRESPONDENTE na que, coma nas outras actividades avaliables, teranse tamén en conta a redacción e ortografía do texto presentado.

20
Traballos tutelados A1 A12 A26 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C.- Valorarase o grao de comprensión do tema tratado, a capacidade de análise e síntese, a bibliografía consultada e a claridade da exposición, redacción e ortografía. No caso de boletíns de cuestións e problemas valorarase a capacidade de razoamento e de achegar solucións. Non será indispensable aprobar os traballos tutelados para aprobar o conxunto da materia.

20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia cómpre acadar o 50% (5 sobre 10) da puntuación correspondente ao apartado A (prácticas) e o 50% (5 sobre 10) da puntuación da proba mixta (exame final, apartado B).

A proba mixta avaliará o coñecemento dos fundamentos teóricos traballados na materia e a resolución de problemas. Só se corrixirán os problemas daquel alumnado que acadase un 50% da puntuación asignada á parte de teoría.

A nota final en actas do alumnado que non acadara nas prácticas e/ou na proba obxectiva a nota mínima para aprobar a materia, pero cuxa puntuación acumulativa fose superior ao 50% (5 sobre 10), será un 4,5 (SUSPENSO).

Porén, o alumnado con cualificación entre 4,5 e 4,9 en prácticas pode optar a aprobar sempre que a cualificación da proba mixta sexa 5 ou superior e a cualificación final acumulativa (tendo en conta os traballos tutelados, se os tivera realizado) sexa igual ou superior a 5.

O alumnado con cualificación entre 4,5 e 4,9 na proba mixta pode optar a aprobar sempre que a cualificación de prácticas sexa de 5 ou superior e a cualificación final acumulativa (tendo en conta os traballos tutelados, se os tivera realizado) sexa igual ou superior a 5. Neste caso, aínda que a puntuación acumulativa fose superior ao 5 sobre 10, a cualificación en acta será de 5,0.

As cualificacións de prácticas aprobadas gardaranse entre a primeira e segunda oportunidade, así como para as dúas oportunidades do seguinte curso académico. Por exemplo, se unha persoa aproba prácticas na 1ª oportunidade do curso 2020/21, a última oportunidade na que se lle gardaría ese aprobado en prácticas sería a segunda (xullo) do curso 2021/22. Se a persoa aproba prácticas na 2ª oportunidade do curso 2020/21, a última oportunidade na que se lle gardaría ese aprobado en prácticas sería igualmente a segunda (xullo) do curso 2021/22.

Gardaranse as cualificacións de 5 ou superior en proba mixta entre a primera e a segunda oportunidade do mesmo curso académico, pero en ningún caso entre cursos académicos.

Considerarase PRESENTADO ao alumnado que realice a proba mixta e/ou o exame de prácticas.

No caso de
situacións excepcionais debidamente xustificadas poderán adoptarse medidas
adicionais para que a/o estudante poida superar a materia, tales como
flexibilidade no prazo de entrega de traballos tutelados, flexibilidade no
horario de prácticas ou realización dunha proba global de avaliación dos
resultados da aprendizaxe.

Os
estudantes con adicación a tempo parcial oficialmente recoñecida poderán
realizar as actividades propostas nos seminarios vía on-line e, mediante as
titorías (presenciais ou on-line), solucionar as cuestións que poidan xurdir.
No caso de estudantes que participen en modalidades específicas de aprendizaxe
e apoio á diversidade, o profesorado adaptará as actividades de avaliación
continua e obrigatorias para que o estudante poida optar a superar a materia.

A realización fraudulenta das probas ou traballos tutelados implicará directamente a cualificación de suspenso na materia ou no traballo tutelado, respectivamente, de acordo coa normativa da nosa universidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes