Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Xenética molecular
   Contidos
Temas Subtemas
1.- ORGANIZACIÓN DOS XENOMAS Tamaño dos xenomas. Xenomas de procariotas e eucariotas. Secuencias únicas e secuencias repetidas. Familias xénicas. Centrómeros. Telómeros. Xenoma dos orgánulos.
2.- REPLICACIÓN DO DNA Replicación semiconservativa do DNA: experimentos de Meselson e Stahl. Modos de replicación. Enzimoloxía da replicación. Replicación do DNA de Escherichia coli. Replicación do DNA de eucarióticas. Síntese de telómeros. Replicación do DNA mitocondrial e cloroplástico.
3.- SÍNTESE E PROCESAMENTO DO RNA Clases de RNA. RNA polimerasas. Promotores e aparato de transcripción. Transcripción en procariotas e eucariotas: iniciación, elongación e terminación. Xenes interrumpidos: exons e intróns. Procesamento do pre-mRNA eucariota. Síntese e procesamento do pre-rRNA. Síntese e procesamento do pre-tRNA. Edición do RNA. Revisión do concepto de xene
4.- TRADUCIÓN Hipótese un xene-un enzima. O código xenético: descubrimento e características. Iniciación da tradución. Elongación do polipéptido. Finalización da tradución. Vixilancia do mRNA.
5.- MUTACIÓN E REPARACIÓN DO DNA Base molecular das mutacións espontáneas: erros na replicación; entrecruzamento desigual; cambios químicos espontáneos. Base molecular das mutacións inducidas: axentes físicos e químicos. Mecanismos de reparación do DNA: reversión do dano; reparación por escisión; reparación de apareamentos erróneos; reparación de roturas de dobre cadea; síntese de translesión.
6.- MECANISMO MOLECULAR DA RECOMBINACIÓN Papel da recombinación xenética. Conversión xénica. Modelos de recombinación homóloga: modelo de Holliday e modelo de doble rotura. Enzimoloxía da recombinación. Recombinación específica de sitio. Ensamblaxe dos xenes de inmunoglobulinas.
7.- ELEMENTOS XENÉTICOS TRANSPOÑIBLES Elementos xenéticos transpoñibles de procariotas: secuencias de inserción, transposóns compostos e non compostos. Transposición replicativa e non replicativa. Elementos xenéticos transpoñibles de eucarióticas: transposóns e retrotransposons. Significado evolutivo dos elementos xenéticos transpoñibles.
8.- TECNOLOXÍA DO DNA RECOMBINANTE Enzimas de restricción. Vectores de clonación. Xenotecas de DNA: construcción e rastreo. Southern e Norther blot. PCR. Mapas de restricción. Secuenciación de DNA. Mutaxénesis dirixida.
9.- APLICACIÓNS DA TECNOLOXÍA DO DNA RECOMBINANTE Expresión de xenes eucarióticos en bacterias. Transferencia de DNA a células eucarióticas. Animales transxénicos. Plantas transxénicas. Terapia xénica. Marcadores moleculares. Perfíl de DNA. Diagnóstico xenético. Xenomas sintéticos. Edición do xenoma: tecnoloxía CRISPR/Cas9.
10.- XENÓMICA Mapas físicos e xenéticos. Secuenciación de xenomas enteiros. Anotación xenómica. Micorarrays de DNA. Xenética inversa. Xenómica comparada. Metaxenómica.
11.- REGULACIÓN DA EXPRESIÓN XÉNICA EN BACTERIAS Modelo do operón de Jacob e Monod para a regulación dos xenes lac de E. coli. Control positivo do operón lac. O operón arabinosa en E. coli: control positivo e negativo. O operón triptófano en E. coli: control negativo e atenuación. Regulación mediada por RNA.
12.- REGULACIÓN DA EXPRESIÓN XÉNICA EN EUCARIOTAS Cambios na estructura da cromatina. Metilación do DNA. Control da transcrición. Control do procesamento do RNA. Control da estabilidade do mRNA. Control a nivel da tradución. Interferencia por RNA. Epixenética.
13.- CONTROL XENÉTICO DO DESENVOLVEMENTO Eventos básicos no desenvolvemento. Etapas do desenvolvemento de Drosophila. Xenes de efecto materno, xenes de segmentación e xenes homeóticos de Drosophila. Xenes homeobox en outros organismos.
Aspectos xerais do desenvolvemento de Caenorhabditis. Control xenético do desenvolvemento da flor en Arabidopsis.
PRÁCTICA 1: EXTRACCIÓN DE DNA XENÓMICO Extracción de DNA xenómico. Electroforese de DNA en xel de agarosa. Cuantificación do DNA.
PRÁCTICA 2: PCR Amplificación por PCR do xene CHD. Análise dun polimorfismo de introns para o sexado de aves.

PRÁCTICA 3: DOT-BLOT Hibridación de ácidos nucleicos: detección de secuencias microsatélite mediante dot-blot.
PRÁCTICA 4: BIOINFORMÁTICA Procura en bases de datos e comparación de secuencias de ácidos nucleicos. Deseño de cebadores.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes