Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Xenética molecular
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A5 A8 A11 A12 A15 A30 A31 B1 B2 B3 B5 B7 Valorarase o grao de coñecemento e comprensión xeral das prácticas realizadas mediante unha proba con preguntas tipo ensaio, test de resposta múltiple, resposta breve e/ou de asociación. 15
Traballos tutelados A5 A8 A11 A12 A15 A29 B1 B2 B3 B5 B7 Valorarase a capacidade de solucionar problemas e relacionar os contidos da materia mediante varias probas (unha por cuestionario) con preguntas test de resposta múltiple, de resposta breve e/ou de asociación. 20
Proba mixta A5 A11 A12 A15 A29 B1 B2 B3 B7 Valorarase o grao de coñecemento e comprensión xeral da materia. Pode incluir preguntas tipo ensaio, de resposta múltiple, de resposta breve e/ou de asociación e tamén resolución de problemas.

50
Prácticas a través de TIC A5 A8 A12 A15 B2 B3 B5 B7 Valorarase o grao de comprensión das análises realizadas e de coñecemento das ferramentas bioinformáticas utilizadas mediante unha proba con preguntas test de resposta múltiple, resposta breve e/ou de asociación. A proba pode requerir o uso dun ordenador conectado a internet e equipado cos programas bioinformáticos a utilizar. 15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia debe acadarse un 5 e ter >4 na proba mixta e unha cualificación media nas prácticas >4 (laboratorio e TIC). Se a cualificación resultante da suma de todas as actividades avaliables fose igual ou superior a 5, pero non se reunisen os requisitos indicados, a cualificación sería 4,9 (suspenso).

Considérase Non Presentado (NP) cando o alumno non se presente á proba do período oficial de avaliación.

As matrículas de honra concédense preferentemente entre os alumnos que acaden a cualificación igual ou superior a 9 na primeira oportunidade da convocatoria (xaneiro).

Realizarase un exame parcial e no caso de ter unha cualificación superior a 4 non terá que repetirse nas oportunidades de xaneiro e xullo.

Na segunda oportunidade (xullo) realizaranse únicamente a proba mixta e as probas sobre prácticas (laboratorio e TIC). As cualificacións obtidas nos cuestionarios mantéñense da primeira oportunidade.

No caso de situacións excepcionais debidamente xustificadas poderán adoptarse medidas adicionais para que o estudante poida superar a materia tales como flexibilidade no prazo de entrega de traballos tutelados, flexibilidade no horario de prácticas ou realización dunha proba global de avaliación dos resultados da aprendizaxe.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes