Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Xenética molecular
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A5 A8 A11 A12 A15 B2 B3 B7 Durante as clases maxistrales faranse preguntas de resposta rápida utilizando dispositivos electrónicos. A avaliación desta actividade require participar no 80% das probas que se realicen. 2.5
Prácticas de laboratorio A5 A8 A11 A12 A15 A30 A31 B1 B2 B3 B5 B7 Valorarase o grao de coñecemento e comprensión xeral das prácticas realizadas mediante unha proba con preguntas tipo ensaio, test de resposta múltiple, resposta breve e/ou de asociación. 15
Seminario A5 A8 A11 A12 A15 A29 B1 B2 B3 B5 B7 Durante os seminarios faranse preguntas de resposta rápida utilizando dispositivos electrónicos. A avaliación desta actividade require participar no 80% das probas que se realicen. 2.5
Traballos tutelados A5 A8 A11 A12 A15 A29 B1 B2 B3 B5 B7 Valorarase a capacidade de solucionar problemas e relacionar os contidos da materia mediante dúas probas con preguntas test de resposta múltiple, de resposta breve e/ou de asociación implementadas no Campus Virtual. 10
Proba mixta A5 A11 A12 A15 A29 B1 B2 B3 B7 Valorarase o grao de coñecemento e comprensión xeral da materia. Pode incluir preguntas tipo ensaio, de resposta múltiple, de resposta breve e/ou de asociación e tamén resolución de problemas.

50
Prácticas a través de TIC A5 A8 A12 A15 B2 B3 B5 B7 Valorarase o grao de comprensión das análises realizadas e de coñecemento das ferramentas bioinformáticas utilizadas. A proba require o uso dun ordenador conectado a internet e equipado cos programas bioinformáticos a utilizar. 20
 
Observacións avaliación

Para ser avaliado é imprescindible realizar as probas sobre a teoría (proba mixta), prácticas de laboratorio e prácticas TIC.

Para superar a materia debe acadarse un 5 e ter >4 nas probas mixtas e unha cualificación media nas prácticas >4 (laboratorio e TIC). Se a cualificación resultante da suma de todas as actividades avaliables fose igual ou superior a 5, pero non se reunisen os requisitos indicados, a cualificación sería 4,9 (suspenso).

Considérase Non Presentado (NP) cando o alumno non se presente á proba do período oficial de avaliación.

As matrículas de honra concédense preferentemente entre os alumnos que acaden a cualificación igual ou superior a 9 na primeira oportunidade da convocatoria (xaneiro).

Realizarase un exame parcial e no caso de ter unha cualificación superior a 4 non terá que repetirse nas oportunidades de xaneiro e xullo.

Na segunda oportunidade (xullo) poderá optarse por: (A) asumir os criterios de avaliación da primeira oportunidade (especificados no apartado de AVALIACIÓN); ou (B) realizar as probas correspondentes a teoría (proba mixta), prácticas de laboratorio e prácticas TIC, representando en este caso un 65% a proba mixta. A elección da opción B deberá ser comunicada 10 días antes da data do exame.

No caso de alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa de exención de asistencia, poderán adoptarse medidas adicionais para que poida superar a materia tales como flexibilidade no horario de prácticas ou realización dunha proba global de avaliación dos resultados da aprendizaxe.

Os estudantes que soliciten a convocatoria adiantada de decembro poderán escoller entre a aplicación da guía docente do curso en vigor ou do curso anterior.

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica 0) tanto na primeira como na segunda oportunidade do correspondente curso académico. De producirse o fraude na segunda oportunidade, procederase a modificar na acta a cualificación da primeira oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes