Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Xenética de poboacións e evolución
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Profesor/a.- Presenta a guía docente da materia, aclara dúbidas, organiza aos alumnos para as actividades.
Alumno/a.- Toma notas, formula dúbidas e cuestións.
Sesión maxistral Profesor/a.- Explica os fundamentos teóricos da materia.
Alumno/a.- Observa, asimila e toma notas. Formula dúbidas e cuestións. Memoriza. Le os textos recomendados. Resolve exercicios complementarios.
Prácticas a través de TIC Profesor/a. - Presenta os obxectivos, prepara o material e o equipo, expón os métodos, proporciona un guión, asiste aos alumnos.
Alumno/a. - Experimenta coas ferramentas bioinformáticas, analiza datos e elabora unha memoria.
Seminario Profesor/a.- Presenta o tema desde unha perspectiva histórica. Distribúe aos alumnos e alumnas en grupos de traballo. Avalúa.
Alumno/a.- Toma notas. Le os textos recomendados. Se organiza cos outros membros do seu grupo de traballo. Elabora unha presentación con diapositivas. Memoriza. Fai unha presentación oral do tema que se lle asigne.
Proba de resposta múltiple Realizarase mediante a plataforma Moodle do curso.
Profesor/a. - Formula preguntas e valora as respostas dos alumnos.
Alumno/a. - Consulta os seus materiais de apoio e responde ás preguntas de maneira asincrónica.
Proba obxectiva Corresponde ao exame oficial da materia.
Profesor/a. - Prepara un exame escrito, con exercicios de cálculo e preguntas de resposta múltiple. Valora as respostas dos alumnos.
Alumno/a. - Responde ás preguntas de maneira individual e sincrónica, sen apoio externo de ningún tipo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes