Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Subjects
  Xenética de poboacións e evolución
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Directed discussion B1 B2 B3 B7 Na última sesión de seminario, os alumnos realizarán unha proba mixta (test + problemas) sobre os contidos tratados nos tres seminarios anteriores. 10
ICT practicals A7 A21 B2 B4 Realización de varios exercicios de xenética evolutiva cun ordenador persoal, empregando os programas informáticos utilizados nas prácticas. É imprescindible obter polo menos 15 puntos nesta proba para aprobar a materia.
Nesta actividade avaliarase a adquisición das competencias A7, A21, A24 e A27.
25
Objective test A7 A12 A18 A21 A24 B1 B2 Conxunto de preguntas de distinto tipo (alternativa múltiple, resposta breve, completar, asociación, etc) relacionadas con calquera dos contidos do temario. Corresponde ao exame final da materia. É imprescindible obter polo menos 35 puntos nesta proba para aprobar a materia.
A proba desenvólvese en dúas fases. A primeira delas non é presencial, e consiste en unha serie de cuestionarios na plataforma Moodle, aos que se debe dar resposta en datas e horas prefixadas ao longo do curso. A contribución desta fase á proba é de un máximo de 25 puntos. A segunda fase é un exame presencial con preguntas test de alternativa múltiple, ao que pode levarse todo o material de apoio que se desexe, incluidos ordeadores persoais, pero na que non se permitirá o acceso a INTERNET. A contribución acumulada desta segunda fase xunto ca da primeira á nota final da materia é de un máximo de 65 puntos.
Nesta actividade avaliarase a adquisición das competencias A7, A12, A18, A21, A24 e A27.
65
 
Assessment comments

Consideraranse PRESENTADOS nas actas da materia todos aquele alumnos que se presenten ao exame de prácticas ou á segunda fase da proba obxectiva.

A nota final en actas dos alumnos que non acadaran nas prácticas ou na proba obxectiva a nota mínima  para aprobar a materia, pero cuxa puntuación acumulativa fose superior a 50, será un 4.9 (SUSPENSO).

Na segunda oportunidade utilizarase a mesma metodoloxía de avaliación que na primeira.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes