Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Subjects
  Population Genetics and Evolution
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Directed discussion B1 B2 B3 B7 O alumnado realizará unha proba mixta (test + problemas) sobre os contidos tratados nos catro seminarios anteriores. 15
ICT practicals A7 A21 B2 B4 Realización de varios exercicios de xenética evolutiva cun ordenador persoal, empregando os programas informáticos utilizados nas prácticas. É imprescindible obter acumulativamente polo menos 15 puntos nestas probas, que se realizan ao final de cada sesión práctica, para aprobar a materia.
Nesta actividade avaliarase a adquisición das competencias A7, A21, A24 e A27.
25
Objective test A7 A12 A18 A21 A24 B1 B2 Conxunto de preguntas de distinto tipo (alternativa múltiple, resposta breve, completar, asociación, etc) relacionadas con calquera dos contidos do temario.
A proba desenvólvese en dúas fases. A primeira delas non é presencial, e consiste en unha serie de cuestionarios na plataforma Moodle, aos que se debe dar resposta en datas e horas prefixadas ao longo do curso. A contribución desta fase á proba é de un máximo de 25 puntos. A segunda fase é un exame presencial con preguntas test de alternativa múltiple, e correspondese co exame oficial da materia. A contribución acumulada das dúas fases á nota final da materia é de un máximo de 60 puntos. É imprescindible obter polo menos 35 puntos nesta proba para aprobar a materia.
Nesta actividade avaliarase a adquisición das competencias A7, A12, A18, A21, A24 e A27.
60
 
Assessment comments

Consideraranse PRESENTADOS nas actas da materia todos aqueles alumnos que se presenten cando menos a tres das probas prácticas ou á segunda fase da proba obxectiva (exame oficial da materia).

A nota final en actas dos alumnos que non acadaran nas prácticas ou na proba obxectiva a nota mínima  para aprobar a materia, pero cuxa puntuación acumulativa fose superior a 50, será un 4.9 (SUSPENSO).

Na segunda oportunidade utilizarase a mesma metodoloxía de avaliación que na primeira.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes