Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Xenética de poboacións e evolución
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A7 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 Exporanse aos alumnos achados e hipóteses que no seu día supuxeron revolucións científicas no coñecemento sobre a evolución biolóxica, con obxecto de que fagan un seguimento do curso que tiveron as investigacións subseguintes, e unha valoración a día de hoxe da súa vixencia e impacto. A actividade plasmarase nunha presentación con diapositivas, que deberá presentarse e defenderse oralmente, diante do profesorado e do resto do alumnado. 15
Proba de resposta múltiple A7 A18 B1 B2 B3 B4 B5 B6 Consiste nunha serie de cuestionarios de alternativa múltiple na plataforma Moodle, aos que se debe dar resposta en datas e horas fixadas con antelación ao longo do curso. 25
Prácticas a través de TIC A7 A21 B2 B4 Realización de varios exercicios de xenética evolutiva cun ordenador persoal, empregando os programas informáticos utilizados nas prácticas. É imprescindible obter acumulativamente polo menos 15 puntos nesta proba, que se realizará ao final das sesións prácticas, para aprobar a materia.
25
Proba obxectiva A7 A12 A18 A21 A24 B1 B2 É unha proba escrita, presencial e sincrónica, que corresponde ao exame oficial da materia. Consiste nunha serie de exercicios de cálculo e preguntas test de alternativa múltiple. É imprescindible obter cando menos 21 puntos nesta proba para aprobar a materia. 35
 
Observacións avaliación

Consideraranse PRESENTADOS nas actas da materia todos aqueles alumnos e alumnas que se presenten ao exame práctico ou ao exame oficial da materia (a denominada proba obxectiva).

Para superar a materia será preciso alcanzar cando menos 50 puntos coa suma das distintas metodoloxías de avaliación, a condición de que se conseguiu a nota mínima esixida nas prácticas e a proba obxectiva. Se non se conseguiu esa nota mínima nas prácticas ou na proba obxectiva, a nota final en actas cando a puntuación acumulativa alcance os 50 puntos será un 4,9 (SUSPENSO).

No caso de que, por razóns debidamente xustificadas, non se puidese asistir ao exame oficial da materia, farase un exame oral, de contido semellante ao do exame escrito. 

Se un alumno ou alumna non alcanzase o máximo posible de puntos nas actividades de avaliación continua, poderá optar por realizar un bloque adicional de preguntas no exame final da materia, entendéndose con iso que renuncia á cualificación que obtivese antes na avaliación continua.

Na segunda oportunidade tan só se avaliará mediante o exame práctico e a proba obxectiva, utilizando a mesma metodoloxía que na primeira oportunidade. A efectos de cómputo da cualificación final, manteranse as notas obtidas nas actividades de avaliación continua (seminario e proba de resposta múltiple) na primeira oportunidade.

Para o cómputo da cualificación final dos estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia, tanto na primeira como na segunda oportunidade, terase en conta a cualificación obtida no exame teórico e a correspondente á parte práctica (ver máis arriba formato de ámbolos dous exames), representando éstas o 75% e o 25% da cualificación final, respectivamente.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de SUSPENSO (0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes