Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Introdución á Botánica: Botánica xeral
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Introdución á Botánica: Botánica xeral Código 610G02023
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Leira Campos, Antón Manoel
Correo electrónico
m.leira@udc.es
Profesorado
Fagúndez Díaz, Jaime
Leira Campos, Antón Manoel
Sahuquillo Balbuena, Elvira
Correo electrónico
jaime.fagundez@udc.es
m.leira@udc.es
elvira.sahuquillob@udc.es
Web http://http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral Iniciación á Botánica ou ciencia que se encarga do estudo dos diferentes grupos de organismos clasicamente coñecidos como vexetais, integrando información doutras materias (fisioloxía, anatomía e histoloxía vexetal, bioquímica, xenética, ecoloxía, etc) e que capacita ao alumno para traballar en diferentes ámbitos: como investigador, docente, na asesoría ambiental, a agronomía e a etnobotánica.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Manteranse os contidos da programación docente, respectando os obxectivos, competencias e nivel de esixencia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral Docencia interactiva: prácticas (computa na avaliación) Docencia interactiva: seminarios (computa na avaliación) Estudio de caso (con Atención personalizada) (computa na avaliación) Os contidos de todas as actividades da materia estarán dispoñibles na aula virtual, como presentacións en power point ou guións para as prácticas. *Metodoloxías docentes que se modifican (i) Adaptación prevista no centro para os casos nos que se supere o aforo da aula asignada para a materia Para a docencia expositiva consistirá na atribución de dúas ou máis aulas á materia e a impartición da clase a través de TEAMS para o alumnado que non estea na aula co profesor. A docencia interactiva de prácticas será presencial para o 50% das prácticas, garantindo que todo o alumnado poida realizar estas actividades mantendo o horario programado polo Centro, e outra parte online. A parte virtual das clases prácticas (50% restante) farase a partires de actividades na aula virtual. (ii) Adaptación a realizar no caso de non presencialidade sobrevida causada por gromos da enfermidade Clases virtuais dos contidos da materia mediante Teams/Aula virtual mediante presentacións explicadas e comentadas. Atenderanse as dúbidas mediante o foro ou MS Teams. As clases interactivas recorrerase a exercicios prácticos utilizando a Aula Virtual ou Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado • Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. • Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. • Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. 4. Modificacións na avaliación Metodoloxía Peso na cualificación Descrición Seminario 10% Avaliarase o traballo levado a cabo polo estudante en cada seminario, así como a súa actitude e participación nos mesmos. As sesións de videoconferencia se realizarán por Teams e serán gravadas. Sesión maxistral 20% Comprenderá a resolución de cuestionarios presentados na AulaVirtual. Os cuestionarios serán de resposta múltiple, verdadeiro/falso, recheo de espazos en branco ou preguntas curtas ou de ensaio sobre os temas tratados durante as clases. Prácticas de laboratorio 20% Comprenderá a resolución de exercicios prácticos presentados na AulaVirtual. -A avaliación das prácticas levarase a cabo mediante cuestionarios arredor das actividades realizadas. Actividade complementaria 10% Esta actividade manterase segundo o previsto. Os alumnos deben entregar un breve estudo florístico dentro desta actividade. Procurarase unha actividade que unicamente riquira acceso a internet, polo que non sofrirá modificacións. As partes que esixen saída ó campo serán substituídas pola busca de información online en webs de botánica. Proba obxectiva 40% Cualificarase mediante unha proba obxectiva composta por cuestionarios en Moodle e un exame individual manuscrito (con entrega arquivo foto ou escaneo). A proba realizarase en sala de videoconferencia gravada en Teams. Porén, se durante a elaboración das cualificacións, os docentes detectan algunha irregularidade que poña en cuestión os coñecementos expostos polo alumno durante a realización da proba, procederase a contactar co alumno para a súa verificación mediante unha proba oral (videoconferencia individual Teams). *Observacións de avaliación: Para obter a cualificación de "non presentado" o estudante non poderá ter participado en máis dun 30% das actividades avaliables programadas. Para superar a materia na primeira oportunidade será preciso ter participado en alomenos un 70% das actividades avaliables programadas. Igualmente o estudante deberá obter cando menos a cualificación de 4,5 sobre 10 puntos na proba obxectiva escrita (e non menos de 4 nas distintas partes desta proba) e de 4 sobre 10 no resto das avaliacións. A nota global do curso non deberá ser inferior a 5. Para superar a materia na segunda oportunidade (Xullo), o estudante, en función do resultado da súa primeira avaliación, deberá realizar unha proba obxectiva escrita similar á da primeira oportunidade e/ou unha proba de laboratorio (ou a equivalente por vía telemática) na que deberá completar un cuestionario similar ó empregado nas prácticas. A necesidade de realizar unha ou ambas probas de recuperación indicarase nas cualificacións da primeira oportunidade. As cualificacións obtidas nas actividades avaliables serán conservadas unicamente durante o curso académico vixente. O estudante que suspenda nas dúas convocatorias terá que repetir todas as actividades e avaliacións da materia ó ano seguinte. Excepcionalmente, no caso de que o estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliación contínua, o profesor adoptará as medidas que considere oportunas para non prexudicar a súa cualificación. No caso de estudantes con dispensa académica ou que participen en modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade o profesorado adaptará as actividades de avaliación contínua e obrigatorias para que o estudante poida optar a superar a materia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle onde tamén se proporcionan títulos da bibliografía dos que se dispón online na Biblioteca da Facultade, e unha listaxe das direccións web máis interesantes para a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes