Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Introdución á Botánica: Botánica xeral
   Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I: INTRODUCIÓN E CONCEPTOS XERAIS I.1. Organismos estudados na Botánica.
I.2. Adquisición de coñecementos botánicos.
I.3. Teorías da evolución e bioloxía vexetal.
BLOQUE II: ORGANIZACIÓN DOS VEXETAIS E FUNGOS II.1. Organización celular.
II.2. Organización dos talófitos.
II.3. Organización dos cormófitos.
II.4. A organización tisular da planta
II.5. A reprodución. Ciclos biolóxicos. Ecoloxía reprodutiva
BLOQUE III: BIODIVERSIDADE E EVOLUCIÓN III.1. A evolución en vexetais. Encadre dos vexetais nos seres vivos. Relacións evolutivas e importancia da filoxenia. Caracteres e principais grupos.
III.2. Niveis morfolóxicos de organización dos vexetais. Evolución de talófitos a cormófitos.
III.3. Moneras e protistas fotosintéticos. Cianobacterias e algas.
III.4. Fungos e outros organismos heterótrofos. Simbioses fúnxicas.
III.5. As plantas sen flores. Caracteres xerais dos embriófitos. Os embriófitos vasculares. Caracteres xerais e ciclo de vida dos pteridófitos.
III.6. Os embriófitos prevasculares. Caracteres xerais e ciclo de vida dos briófitos.
III.7. As plantas con flores. Caracteres xerais e ciclo de vida dos espermatófitos.
III.8. As ximnospermas e anxiospermas (dicotiledóneas e monocotiledóneas).
BLOQUE IV: ECOLOXÍA E CONSERVACIÓN IV.1. Comunidades e poboacións vexetais. Interación con outros organismos
IV.2. Os reinos florísticos e as principais formacións vexetais da Terra. Biomas. Vexetación de Galicia.
IV.3. A biodiversidade vexetal. Ameazas e estratexias de conservación.
SEMINARIOS 1.- Clasificación y sistemática.
2.- Ciclos de vida de vexetais e fungos.
3.- Diagramas e fórmulas florais. Claves de identificación.
4.- Estudos comparados de organismos.
PRÁCTICAS 1.- Introdución da paisaxe vexetal local, estudio organográfico e diagnóstico de campo dunha selección de especies. Recolección e métodos de conservación.
2.- Características e función de fungos e líquenes. Observación de estruturas vexetativas (micelio) e reprodutoras en Zygomycetes e Ascomycetes microscópicos. Recoñecemento de corpos frutíferos de Ascomycetes e Basidiomycetes. Tipos morfolóxicos de liques e o seu hábitat. Recoñecemento de estruturas reprodutoras en liques.
3.- Características e función de algas microscópicas. Manexo do microscopio. Análise de algas microscópicas en augas continentais (eutrofizadas ou non). Estudo de algas en plancto mariño.
4.- Características e función de algas macroscópicas. Observación de representantes de de auga doce e mariña. Organización e morfoloxía, estructuras reprodutoras e ciclo vital.
5.- Características e función de briófitos e pteridófitos. Estudo de diversidade de representantes de briófitos (hepáticas e musgos) e de pteridófitos (fentos, equisetos e licopodios).
6.- Características e función de ximnospermas. Observación de caracteres vexetativos e reprodutores. Recoñecemento de especies de ximnospermas (Pinaceae, Cupressaceae, Taxaceae) representativas da flora ibérica.
7.- A flor. Análise da flor. Estudo morfolóxico de diferentes tipos de flores.
8.- Estudo das características e función de anxiospermas monocotiledóneas. Recoñecemento de especies comúns en ambiente eurosiberiano ibérico.
9.- Estudo das características e función de anxiospermas dicotiledóneas. Recoñecemento de especies comúns en ambiente eurosiberiano ibérico.
ESTUDO DE CASO Esta actividade consiste nunha na creación e implantación de recursos fotográficos dixitais de calidade científica e didáctica para o ensino e a aprendizaxe na área de Botánica. Realizarase como unha estratexia válida de formación investigativa que posibiliten a integración teórico-práctica dos coñecementos previos e ancestrales coas novas tecnoloxías da informática, para obter unha aprendizaxe significativa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes