Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Botánica sistemática: Criptogamia
   Contidos
Temas Subtemas
TEORÍA (CLASES MAXISTRAIS): Bloque I. Os fungos. Sistemática e evolución Tema 1.- Carácteres xerais dos fungos sensu lato. Nutrición e modos de vida. Importancia ecolóxica e económica. Orixe e clasificación.
Tema 2.- Fungos mucilaxinosos. Carácteres xerais, reprodución, ciclos e exemplos de Acrasiomycota, Myxomycota e Plasmodiophoromycota.
Tema 3.- Pseudofungos. Carácteres xerais, reprodución e ciclos. Clasificación. Exemplos de Oomycota.
Tema 4.- Fungos sensu stricto. Carácteres xerais, reprodución, ciclos, modos de vida. Clasificación e características de Chytridiomycota, Zygomycota, Ascomycota e Basidiomycota.
Tema 5.- Fungos liquenizados: importancia ecolóxica e utilidades, morfoloxía e estrutura do talo liquénico, reprodución e exemplos. Recapitulación e filoxenia sobre os fungos. Fungos imperfectos (Deuteromycetes). Micorrizas.
TEORÍA (CLASES MAXISTRAIS): Bloque II. As algas. Sistemática e evolución Tema 6.- Carácteres xerais. Citoloxía (parede celular, núcleo, orgánulos celulares, plastidoma e pigmentos fotosintéticos). Reprodución e ciclos biolóxicos. Utilidades. Orixe e clasificación.
Tema 7.- Algas procariotas. Cyanophyta: carácteres xerais, hábitat e clasificación.
Tema 8.- Algas eucariotas. Rhodophyta: carácteres xerais, clasificación, hábitat, reprodución, ciclos e utilidades. Características diferenciais e exemplos de Bangiophyceae e Florideophyceae.
Tema 9.- Ochrophyta. carácteres xerais e clasificación. Aspectos diferenciais, reprodución, ciclos, hábitat, exemplos e utilidades de Chrysophyceae, Xanthophyceae, Bacillariophyceae e Phaeophyceae.
Tema 10.- Haptophyta, Cryptophyta, Dinophyta e Euglenophyta. Carácteres, reprodución e hábitat.
Tema 11.- Chlorophyta e Streptophyta: carácteres xerais e clasificación. Aspectos diferenciais, reprodución, ciclos, hábitat e exemplos de Prasinophyceae, Chlorophyceae e Ulvophyceae (Chlorophyta) and Charophyceae, Zygnematophyceae e Coleochaetophyceae (Streptophyta). A orixe dos embriófitos.
TEORÍA (CLASES MAXISTRAIS): Bloque III. A conquista do medio terrestre. Evolución e sistemática de embriófitos Tema 12.- Introdución ós embriófitos. Orixe das plantas terrestres. Adaptación ó medio terrestre.
Tema 13.- Arquegoniadas non vasculares (briófitos s. lat.). Musgos, hepáticas e anthoceros: carácteres xerais, hábitat, adaptacións ó medio terrestre, reprodución, orixe, filoxenia e clasificación. Carácteres diferenciais, ciclos e exemplos de Anthocerophyta, Marchantiophyta e Bryophyta. Filoxenia de briófitos.
Tema 14.- Introdución ós cormófitos. Teoría telomática. Cormo e estela.
Tema 15.- Euphyllophytina p.p. (Monilófitos; antigos Pteridophyta) e Lycophytina: carácteres xerais, ecoloxía, reprodución, ciclo vital, orixe e clasificación. Carácteres diferenciais, ciclos e exemplos de Lycopsida, Psilophytopsida, Psilotopsida, Equisetopsida, Marattiopsida e Polypodiopsida. Filoxenia de fieitos.
TEORÍA (SEMINARIOS) Seminario 1 Reprodución, ciclos biolóxicos, cuestionarios e definicións sobre os fungos (2 horas).
Seminario 2 Reprodución, ciclos biolóxicos, cuestionarios e definicións sobre as algas (2 horas).
Seminario 3 Reprodución, ciclos biolóxicos, cuestionarios e definicións sobre os briófitos s. l. e fieitos (1 hora).
Seminario 4 Recapitulación xeral sobre o curso. (2 horas)
PRÁCTICAS (SAÍDA Ó CAMPO) Saída ao campo 1.-Observación de criptógamas no seu medio natural continental.
Saída ao campo 2. Observación de criptógamas no seu medio natural mariño.
PRÁCTICAS (LABORATORIO) Práctica 1.- Observación, identificación e conservación de fungos.
Práctica 2.- Observación, identificación e conservación de liques.
Práctica 3.- Observación, identificación e conservación de algas pardas e diatomeas.
Práctica 4.- Observación, identificación e conservación de algas vermellas.
Práctica 5.- Observación, identificación e conservación de algas verdes e briófitos s.l.
Práctica 6.- Observación, identificación e conservación de fieitos.
PRÁCTICAS (CASOS PRÁCTICOS) Caso 1.- Elaboración dun informe descritivo do medio natural e preparación de pregos de herbario de criptógamas mariñas e litorais (fundamentalmente algas e liques).
Caso 2- Elaboración dun informe descritivo do medio natural e preparación de pregos de herbario de criptógamas de bosque húmido (fundamentalmente fungos, liques, briófitos s. lat. e fieitos).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes