Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Botánica sistemática: Criptogamia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 B1 B3 B7 B8 B9 B11 Avaliarase o traballo levado a cabo polo estudante en cada un dos seminarios, así como a súa actitude e participación nos mesmos. A cualificación dos seminarios realizarase, xunto coa das sesións maxistrais, na proba obxectiva escrita. A1, B1, B3, B7, B8, B9, B11 10
Sesión maxistral A1 A2 B1 B3 B8 B9 Cualificarase mediante unha proba obxectiva escrita que incluirá preguntas tipo test, definicións, preguntas curtas e temas a elaborar. A1, B1, B3, B8, B9 40
Prácticas de laboratorio A9 B1 B7 B8 Cualificarase o cuestionario que o estudante deberá completar en cada unha das prácticas. Tamén computará o grao de participación do estudante. A9, B1, B7, B8 20
Estudo de casos A2 A4 A20 A22 A27 A32 B1 B4 B6 Cualificarase o contido, calidade e presentación do informe e material de herbario entregado nos casos prácticos. O material de herbario será avaliado mediante unha proba oral. A2, A4, A20, A22, A27, A32, B1, B4, B6 20
Saídas de campo A2 A20 A22 A27 A32 Cualificarase a asistencia e participación na práctica de campo, así como a calidade do informe que deberá entregar o estudante. A2, A20, A22, A27, A32 10
 
Observacións avaliación

O ESTUDANTE DEBERÁ PRESTAR GRAN ATENCIÓN Á DISTRIBUCIÓN DE ACTIVIDADES AMOSADA NO CADRO DE PLANIFICACIÓN.

É FUNDAMENTAL QUE O ALUMNO ASUMA QUE PARA SUPERAR A MATERIA TERÁ QUE DEDICARLLE APROXIMADAMENTE UNHAS 50 HORAS PRESENCIAIS (PRESENCIALIDADE FÍSICA OU TELEMÁTICA) E 100 HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO. ESTAS ÚLTIMAS DISTRIBUIRANSE ENTRE AS SEGUINTES ACTIVIDADES: REDACCIÓN DE INFORMES (PRÁCTICA DE CAMPO E CASOS PRÁCTICOS), PREPARACIÓN DOS SEMINARIOS E HORAS DE ESTUDO PARA O EXAME DE TEORÍA.

Para obter a cualificación de "non presentado" o
estudante non poderá ter participado en máis dun 30% das actividades avaliables
programadas.Para superar a materia na primeira oportunidade será preciso ter
participado en alomenos un 70% das actividades avaliables programadas.
Igualmente o estudante deberá obter cando menos a cualificación de 4,5 sobre 10
puntos na proba obxectiva escrita (e non menos de 4 nas distintas partes desta proba) e de 4 sobre 10 no resto das avaliacións. A nota global do curso non deberá ser inferior a 5.

Para
superar a materia na segunda oportunidade (Xullo), o estudante, en función do
resultado da súa primeira avaliación, deberá realizar unha proba obxectiva
escrita similar á da primeira oportunidade e/ou unha proba de laboratorio na
que deberá completar un cuestionario similar ó empregado nas prácticas. A
necesidade de realizar unha ou ambas probas de recuperación indicarase nas
cualificacións da primeira oportunidade.As cualificacións obtidas nas
actividades avaliables serán conservadas unicamente durante o curso académico
vixente. O estudante que
suspenda nas dúas convocatorias terá que repetir todas as actividades e
avaliacións da materia ó ano seguinte. Excepcionalmente,
no caso de que o estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera
realizar todas as probas de avaliación contínua, o profesor adoptará as medidas
que considere oportunas para non prexudicar a súa cualificación.

No caso de estudantes con dispensa académica ou que participen en modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade o profesorado adaptará as actividades de avaliación contínua e obrigatorias para que o estudante poida optar a superar a materia.

A materia de Botánica Sistemática Criptogamia ten, no curso 20/21 as seguintes datas importantes:

Prácticas de laboratorio: do 28 de setembro ao 28 de outubro de 2020

Saídas de campo: 29 de setembro de 2020 e 20 de outubro de 2020

Portas abertas no laboratorio: 26 de outubro 2020 e 3, 6, 17 e 20 de novembro 2020 (podería haber cambios menores que serán comunicados).

Entrega do informe (en pdf) da saída de campo (data límite): xoves 29 de
outubro de 2020

Entrega dos casos prácticos -en pdf- (e realización de exame de
herbario): mércores 16 de decembro de 2020

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes