Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Botánica sistemática: Criptogamia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 B1 B3 B7 B8 B9 B11 Avaliarase o traballo levado a cabo polo estudante en cada un dos seminarios, así como a súa actitude e participación nos mesmos. A cualificación dos seminarios realizarase, xunto coa das sesións maxistrais, na proba obxectiva escrita. 0
Sesión maxistral A1 A2 B1 B3 B8 B9 Cualificarase mediante unha proba obxectiva escrita que incluirá preguntas tipo test, definicións, preguntas curtas e temas a elaborar. 45
Prácticas de laboratorio A9 A30 A31 B1 B5 B7 B8 B10 Cualificarase o cuestionario que o estudante deberá completar en cada unha das prácticas. Tamén computará o grao de participación do estudante. 25
Estudo de casos A2 A4 A20 A22 A27 A32 B1 B4 B6 O/A estudante poderá optar entre a realización desta actividade de estudo de casos ou a actividade de traballos tutelados (aprendizaxe-servizo). A valoración correspondente será a suma das atribuídas a cada actividade (traballos tutelados e estudo de casos) nesta guía docente, un 30% da cualificación global.
Cualificarase o contido, calidade e presentación do informe e material de herbario entregado nos casos prácticos. O material de herbario será avaliado mediante unha proba oral.

15
Saídas de campo A2 A20 A22 A27 A32 Cualificarase a asistencia e participación, así como a calidade do informe das actividades realizadas (voluntario). 0
Traballos tutelados A22 A26 A27 B3 B8 O/A estudante poderá optar entre a realización desta actividade de traballos tutelados (aprendizaxe-servizo) ou o estudo de casos. A valoración correspondente será a suma das atribuídas a cada actividade (traballos tutelados e estudo de casos) nesta guía docente, un 30% da cualificación global.
As actividades de aprendizaxe-servizo avaliaranse segundo a calidade dos informes entregados e tras escoitar a valoración realizada polas organizacións colaboradoras.

15
 
Observacións avaliación

A/o estudante deberá prestar gran atención á distribución de
actividades amosada no cadro de planificación. É fundamental que a/o estudante
asuma que para superar a materia terá que dedicarlle aproximadamente unhas 51
horas presenciais e case 100 horas de traballo autónomo, estas últimas
distribuidas entre as seguintes actividades: redacción de informes, preparación
dos seminarios e horas de estudo para o exame de teoría.

As/os estudantes que asistan ás
saídas de campo voluntarias poderán entregar tamén de xeito voluntario un
informe (en pdf) das actividades realizadas para a súa avaliación. Deste xeito,
a porcentaxe máxima desta actividade con respecto á cualificación final da
materia pasará do 1% por asistencia e participación nas saídas a un máximo de 10%.

A asistencia ós seminarios non é
obligatoria pero avaliarase o traballo levado a cabo
polo/pola estudante en cada un dos seminarios, así como a súa actitude e
participación nos mesmos con ata un 1% de cualificación final.

Todos os/as
estudantes terán dúas oportunidades para aprobar o curso. Para
superar a materia na primeira oportunidade será preciso ter participado en
alomenos un 70% das actividades avaliables programadas. Igualmente a/o
estudante deberá obter cando menos a cualificación de 4,5 sobre 10 puntos na
proba obxectiva escrita (e non menos de 4 nas distintas partes desta proba) e
de 4 sobre 10 no resto das avaliacións obrigatorias. A nota global do curso non
deberá ser inferior a 5. Para obter a cualificación de "non presentado"
a/o estudante non poderá ter participado en máis dun 30% das actividades
avaliables programadas.

Para superar a materia na segunda oportunidade (Xullo), a/o
estudante, en función do resultado da súa primeira avaliación, deberá realizar
unha proba obxectiva escrita similar á da primeira oportunidade e/ou unha proba
de laboratorio na que deberá completar un cuestionario similar ó empregado nas
prácticas. A necesidade de realizar unha ou ambas probas de recuperación
indicarase nas cualificacións da primeira oportunidade. As cualificacións
obtidas nas actividades avaliables serán conservadas unicamente durante o curso
académico vixente. A/O estudante que suspenda nas dúas oportunidades terá que
repetir todas as actividades e avaliacións da materia ó ano seguinte.
Excepcionalmente, no caso de que a/o estudante, por razóns debidamente
xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliación continua, o
profesorado adoptará as medidas que considere oportunas para non prexudicar a
súa cualificación.

No caso de estudantes con dispensa académica ou que participen en
modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade o profesorado
adaptará as actividades de avaliación continua e obrigatorias para que a/o
estudante poida optar a superar a materia.

A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do
curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

A materia de Botánica Sistemática Criptogamia ten, no curso 2023/2024
as seguintes datas importantes :

Prácticas de laboratorio: entre setembro e novembro de 2023
(pendentes por concretar, serán comunicadas con antelación)

Saídas de campo (voluntarias): martes 26 de
setembro e sábado 30 de setembro de 2023.

Entrega
(voluntaria) do informe das saídas de campo –en pdf- (data límite): venres 14
de outubro de 2023.

Portas abertas no laboratorio: entre outubro e novembro de 2023
(pendentes por concretar, serán comunicados con antelación).

Entrega dos informes de casos prácticos -en pdf- e realización de
exame de herbario: luns 18 de decembro de 2023.

Entrega dos informes dos traballos titorizados -en
pdf-: luns 18 de decembro de 2023

CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO: A guía
docente que se aplicará aos estudantes que soliciten a convocatoria adiantada
de decembro será a do curso anterior.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes