Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Botánica sistemática: Fanerogamia
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Botánica sistemática: Fanerogamia Código 610G02025
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Pimentel Pereira, Manuel
Correo electrónico
m.pimentel@udc.es
Profesorado
Leira Campos, Antón Manoel
Pimentel Pereira, Manuel
Sahuquillo Balbuena, Elvira
Correo electrónico
m.leira@udc.es
m.pimentel@udc.es
elvira.sahuquillob@udc.es
Web
Descrición xeral Botánica sistemática: Fanerogamia. Ciencia que estuda as plantas vasculares con semente. Baséase en analizar a morfoloxía e anatomía dos diferentes taxóns, a súa bioloxía reprodutiva e as súas adaptacións ambientais; ademais, persegue a organización deste coñecemento seguindo un enfoque filoxenético. Integra información procente doutras ciencias como citoloxía e histoloxía, xenética, bioquímica, ecoloxía, etc. e capacita ós estudantes para traballar en diferentes ámbitos profesionais como a docencia, investigación, asesoría ambiental, agricultura, etnobotánica, etc.
Plan de continxencia Escenario 1. Adopción da modalidade docente híbrida no segundo cuadrimestre. -Non se requirirán cambios metodolóxicos ou no sistema de avaliación. Suspenderase a saída de campo prevista (que implica o transporte en autobús dos estudantes) e substituirase por unha análise da flora vascular nun espazo natural urbano (Monte da Fraga e/ou Monte de San Pedro). Escenario 2. Confinamento da poboación por mor da situación sanitaria derivada da SARS-Covid-19 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán modificacións fundamentais nos contidos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen -Sesión maxistral: Realizaranse vídeo-clases para os estudantes e as clases presenciais transformaranse en sesións de resolución de dúbidas online (titorías grupais a maiores das titorías individuais). As vídeo-leccións subiranse dúas veces á semana en coincidencia cos horarios previstos para a materia. Prácticas de laboratorio: As actividades prácticas presenciais realizaranse online mediante o deseño de actividades específicas baseadas na observación de fotos, no visionado de vídeos e no emprego de claves de identificación de plantas vasculares dispoñibles online. A maiores, realizaranse vídeos e titoriais para facilitar a aprendizaxe de técnicas filoxenéticas básicas por parte dos alumnos (outro dos contidos previstos nas prácticas do curso). Seminarios: Os seminarios impartiranse segundo o previsto a través da ferramente TEAMS oficial da Universidade da Coruña. Os cuestionarios serán realizados a través do campus virtual durante a sesión de clase online. Se ben cada estudante realizará o seu propio seminario, a resposta ás preguntas estabelecerase colectivamente. -Estudo de casos. Esta actividade manterase segundo o previsto. Os alumnos deben entregar un breve estudo florístico e unha breve análise filoxenética dentro desta actividade. A análise filoxenética unicamente riquire acceso a internet, polo que non sofrirá modificacións. No estudo florístico as partes que esixen saída ó campo serán substituídas pola busca de información online en webs de bioxeografía ou vexetación. *Metodoloxías docentes que se modifican A Aprendizaxe-Servizo será cancelada. Todos os estudantes deberán realizar o estudo de casos. A saída ó campo será cancelada. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado TEAMS. . Haberá titorías individuais ou grupais voluntarias a demanda do estudante e titorías obrigatorias para a realización do estudo de casos. Correo electrónico. A demanda dos alumnos. Campus Virtual (moodle). Poranse á disposición dos alumnos materiais de cada tema. Será a ferramenta escollida para a realización de cuestionarios. 4. Modificacións na avaliación Unha vez realizadas as modificacións, as porcentaxes de avaliación de cada parte quedarán como segue: -Proba obxectiva (exame final): 35% -Estudo de casos: 35% -Prácticas de laboratorio: 20% -Seminarios: 10% *Observacións de avaliación: -A proba obxectiva final consistirá nun cuestionario que os alumnos deberán completar, puidendo empregar calquera fonte bibliográfica ou online que desexen. Para a realización desta proba daráselles un prazo non inferior ás 48 horas que incluirá a data prevista para a realización do exame no calendario oficial da Facultade de Ciencias. -A avaliación das prácticas levarase a cabo mediante cuestionarios arredor das plantas e familias vexetais analizadas. Non se realizará exame visu neste escenario. -Os seminarios avaliaranse mediante a realización de exercicios. Tamén se considerará a participación activa nas sesións de TEAMS. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes