Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Botánica sistemática: Fanerogamia
   Contidos
Temas Subtemas
Teoría (Clases Maxistrales): Introdución Tema 1.- ESPERMATÓFITOS: Taxonomia e Filogenia. Caracteres xerais. Concepto de semente: A semente primitiva. Relación espermatófitos con fieitos heterospóreos.
Tema 2.- Orixe dos espermatófitos: proximnospermas. Evolución e diversidade en Espermatófitos. Caracteres diferenciais entre ximnospermas e anxiospermas.

Bloque II (Clases Magistrales): Ximnospermas Tema 3.-XIMNOSPERMAS. Morfoloxía e anatomía das ximnospermas. Estruturas reprodutoras: Flores e inflorescencias ximnospérmicas. Bioloxía da reprodución en ximnospermas: desenvolvimento dos gametófitos masculino e feminino. A fecundación e a formación da semente nas ximnospermas.
Tema 4.- Sistemática de ximnospermas. Caracterización dos diferentes grupos evolutivos: Div. Pteridospermophyta, Div. Cycadophyta, Div. Ginkgophyta, Div. Gnetophyta y Div. Coniferophyta.
Tema 5.- Div. Coniferophyta: evolución, diversidade e caracteres xenerais. Familias máis salientables de ximnospermas na Península Ibérica: F. Pinaceae, F. Cupressaceae y F. Taxaceae.
Bloque III (Clases maxistrais): Anxiospermas Tema 6.-ANXIOSPERMAS. Caracteres xerais I. O aparello vexetativo. Caracteres xerais II. O aparello reprodutivo. Bioloxía reprodutiva: flores e inflorescencias nas anxiospermas. Evolución da flor como estrutura. Desenvolvimento dos gametófitos masculino e feminino. A semente e o froito: estrutura e dispersión.
Tema 7.- Teorías arredor da orixe e diversificación das anxiospermas. Orixe e caracterización dos principais grupos evolutivos: diferentes sistemas de clasificación. Diferencias entre as anxiospermas basais (clado ANITA), magnólidas, monocotiledóneas e eu-dicotiledóneas.
Tema 8.- Os Bosques: diferentes conceptos de bosque. Evolución dos bosques. Importancia ambiental dos bosques no NW da Península Ibérica. Familias máis importantes na formación das comunidades de bosques da zona temperá do hemisferio norte. F. Fagaceae, F. Betulaceae, F. Salicaceae, F. Oleaceae, F. Rosaceae, F. Lauraceae, F. Caprifoliaceae, F. Aquifoliaceae e F. Ulmaceae
Tema 9.-As matogueiras: diferentes conceptos de comunidade de matogueira. Evolución das comunidades de matogueira. Importancia ambiental das matogueiras no NW da Península Ibérica. Familias máis importantes na formación das comunidades de matogueira da zona temperá do Hemisferio Norte. F. Fabaceae, F. Ericaceae, F. Cistaceae e F. Lamiaceae.
Tema 10.- As comunidades herbáceas: concepto e diversidade. Evolución das comunidades herbáceas. Familias máis importantes na formación das comunidades herbáceas da zona temperá do hemisferio norte: F. Poaceae, F. Cyperaceae, F. Juncaceae, F. Asteraceae, F. Araceae e F. Ranunculaceae.
Tema 11.- As comunidades vexetais de zonas húmidas e costeiras Familias importantes na conformación destas comunidades: F. Caryophyllaceae, F. Chenopodiaceae, F. Plumbaginaceae, F. Nymphaeaceae, F. Lentibulariaceae, F. Lemnaceae, F. Zosteraceae e F. Potamogetonaceae.
Tema 12.- A domesticación das plantas. Familias importantes desde un punto de vista económico: F. Brassicaceae, F. Solanaceae, F. Apiaceae, F. Myrtaceae, F. Rutaceae, F. Liliaceae s. lat., F. Iridaceae e F. Orchidaceae.
Bloque IV (Clases maxistrais): Bioxeografía Tema 13.- Bioxeografía. Reinos florísticos. Fitocoroloxía: Áreas de distribución das especies. Vexetación potencial e series de vexetación.
Tema 14.- Biodiversidade e conservación. Conservación ex situ e in situ. Especies endémicas, raras ou ameazadas na Península Ibérica. Especies introducidas. Estratexias globais para a conservación da biodiversidade.
Seminarios de 2 horas: Seminario 1: Ximnospermas: análise comparada dos seus ciclos de vida. Conceptos básicos na sistemática das Ximnospermas. Realizarase un cuestionario sobre as características e a diversidade das ximnospermas.
Seminario 2: Anxiospermas: estudo do seu ciclo de vida. Análise comparada dos ciclos de vida das anxiospermas, ximnospermas e fieitos heterospóreos. Realizarase un cuestionario sobre os ciclos de vida dos distintos grupos.
Seminario 3: Anxiospermas. Análise comparada entre as familias máis importantes nas comunidades herbáceas, de matogueira e bosque do NW da Península Ibérica.
Seminario 4: Anxiospermas. Análise comparada entre as familias de importancia económica e as que presentan adaptacions especiais as condiciones ambientales nas que se desenvolven. Revisión dos conceptos básicos de Bioxeografía e Conservación Vexetal
Práctica de campo Toma de contacto coa diversidade das plantas con semente en Galicia. Analizarase a diversidade vexetal de distintos medios de alto interese polo seu grao de endemicidade, rareza, etc.
Prácticas de laboratorio Práctica 1: Observación, análise e identificación de ximnospermas
Práctica 2: Observación, análise e identificación de anxiospermas. Familias comúns do NW da Península Ibérica I.
Práctica 3: Observación, análise e identificación de anxiospermas. Familias comúns do NW da Península Ibérica II.
Práctica 4: Observación, análise e identificación de anxiospermas. Familias comúns do NW da Península Ibérica III.
Práctica 5: Observación, análise e identificación de anxiospermas. Familias comúns do NW da Península Ibérica IV.
Práctica 6: Observación, análise e identificación de anxiospermas. Familias comúns do NW da Península Ibérica V.
Práctica 7: Observación, análise e identificación de anxiospermas. Familias comúns do NW da Península Ibérica VI.
Aprendizaxe-servizo Os estudantes terán a posibilidade de formarse traballando en colaboración con organizacións non gubernamentais en tarefas relacionadas co coñecemento e conservación da flora. Esta actividade configúrase como alternativa á realización dos casos prácticos.
Casos prácticos Realizaranse dous casos prácticos nos que se profundizará no estudo das características morfolóxicas, biolóxicas e xenéticas dos espermatófitos, con especial atención ó coñecemento da diversidade vexetal no NW peninsular. Esta actividade configúrase como alternativa á realización da actividade de aprendizaxe-servizo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes