Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Botánica sistemática: Fanerogamia
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os conceptos básicos serán desenvolvidos polo profesor en sesións maxistrais de 50 minutos. As clases teñen sido programadas para que o alumnos adquiran os coñecementos de xeito gradual. A aprendizaxe estará asistida por presentacións e/ou vídeos que estarán dispoñibles nas distintas plataformas ofertadas pola Universidade da Coruña ós seus estudantes.
Seminario O obxectivo dos seminarios será reforzar o aprendido nas sesións maxistrais. Todos os conceptos básicos impartidos repasaranse nos seminarios mediante diferentes exercicios, especialmente cuestionarios e diagramas mudos representando os ciclos reprodutivos dos distintos grupos. A asistencia ós seminarios é obrigatoria.
Prácticas de laboratorio Os estudantes analizarán e manipularán diferentes representantes dalgunhas das familias explicadas nas sesións maxistrais. Nas sesións de laboratorio, os estudantes empregarán floras e claves de identificación para determinar os espécimes seleccionados. Farase especial fincapé nos carácteres adaptativos da súa bioloxía floral ou en adaptacións concretas ó medio ambiente no que se desenvolven.
Saídas de campo Realizarase unha excursión dun día de duración guiada polos profesores. Na excursión observaranse representantes dalgunhas das familias estudadas nas sesións maxistrais, así como o ambiente no que estas medran. Visitaranse algunhas das zonas da Galiza con maior grao de endemicidade e analizaranse as causas que teñen producido esta endemicidade. A asistencia á excursión é voluntaria.
Traballos tutelados Metodoloxía na que se combinan as actividades de formación dos estudantes coa colaboración con organizacións non gubernamentais. Os estudantes participarán en proxectos de conservación/investigación centrados na flora da Galiza.
O alumno poderá escoller entre a actividade de traballos tutelados (aprendizaxe-servizo) ou a realización do estudo de casos; é dicir, esta actividade e a seguinte son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. O número de horas dedicado polo tanto a esta actividade será a suma do previsto para ambas, é dicir, 34 horas de traballo autónomo. A organización dos traballos estabelecerase ó comezo do cuadrimestre.
Estudo de casos Os estudantes aplicarán os coñecementos adquiridos nas clases de teoría e no laboratorio en dous casos prácticos diferentes. Daranse instrucións detalladas para levar a cabo estes proxectos durante os seminarios. Asemade, os profesores empregarán as titorías para controlar a marcha dos traballos.
O alumno poderá escoller entre a actividade de traballo tutelado (aprendizaxe-servizo) ou a realización do estudo de casos; é dicir, esta actividade e a anterior son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. O número de horas dedicado polo tanto a esta actividade será a suma do previsto para ambas, é dicir, 34 horas de traballo autónomo. A organización dos traballos estabelecerase ó comezo do cuadrimestre.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes