Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Botánica sistemática: Fanerogamia
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os conceptos básicos serán desenvolvidos polo/a profesor/a en sesións maxistrais de 50 minutos. As clases teñen sido programadas para que os/as estudantes adquiran os coñecementos de xeito gradual. A aprendizaxe estará asistida por presentacións e/ou vídeos que estarán dispoñibles nas distintas plataformas ofertadas pola Universidade da Coruña ó estudantado.
Seminario O obxectivo dos seminarios será reforzar o aprendido nas sesións maxistrais. Todos os conceptos básicos impartidos repasaranse nos seminarios mediante diferentes exercicios, especialmente cuestionarios e diagramas mudos representando os ciclos reprodutivos dos distintos grupos. A asistencia ós seminarios é obrigatoria.
Prácticas de laboratorio Os/as estudantes analizarán e manipularán diferentes representantes dalgunhas das familias explicadas nas sesións maxistrais. Nas sesións de laboratorio empregaranse floras e claves de identificación para determinar os espécimes seleccionados. Farase especial fincapé nos carácteres adaptativos da súa bioloxía floral ou en adaptacións concretas ó medio ambiente no que se desenvolven.
Saídas de campo Realizarase unha excursión dun día de duración (6 horas de traballo aproximado) guiada polos/as profesores/as. Na excursión observaranse representantes dalgunhas das familias estudadas nas sesións maxistrais, así como o ambiente no que estas medran. Visitaranse algunhas das zonas da Galiza con maior grao de endemicidade e analizaranse as causas que teñen producido esta endemicidade. A asistencia á excursión é voluntaria.
Traballos tutelados Metodoloxía na que se combinan as actividades de formación dos/das estudantes coa colaboración con organizacións non gubernamentais. Os/as estudantes participarán en proxectos de conservación/investigación centrados na flora da Galiza.
O/as participantes poderán escoller entre a actividade de traballos tutelados (aprendizaxe-servizo) ou a realización do estudo de casos; é dicir, esta actividade e a seguinte son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. O número de horas dedicado polo tanto a esta actividade será a suma do previsto para ambas, é dicir, 34 horas de traballo autónomo. A organización dos traballos estabelecerase ó comezo do cuadrimestre.
Estudo de casos Os/as estudantes aplicarán os coñecementos adquiridos nas clases de teoría e no laboratorio na realización de casos prácticos. Daranse instrucións detalladas para levar a cabo estes proxectos durante os seminarios. Asemade, os/as profesores/as empregarán as titorías para controlar a marcha dos traballos.
O/a estudante poderá escoller entre a actividade de traballo tutelado (aprendizaxe-servizo) ou a realización do estudo de casos; é dicir, esta actividade e a anterior son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. O número de horas dedicado polo tanto a esta actividade será a suma do previsto para ambas, é dicir, 34 horas de traballo autónomo. A organización dos traballos estabelecerase ó comezo do cuadrimestre.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes