Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Fisioloxía vexetal: Fisioloxía vexetal I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A8 A18 A26 A29 A30 A31 Exame dos coñecementos teóricos e prácticos. 70% teórico 20% práctico. 90
Seminario A18 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B13 As actividades desenvolvidas durante os seminarios serán avaliadas de maneira contínua polo profesor. 10
 
Observacións avaliación

A avaliación constará de dúas partes:

1) Parte teórica que inclúe os seminarios e parte da proba
mixta

2) Parte práctica, incluída na proba mixta.

En cada unha delas hase de alcanzar un mínimo de 4 puntos
sobre 10. Ademais, será imprescindible obter un mínimo de 4 puntos en cada unha
das dúas partes, teórica e práctica, da proba mixta final. A media de todas as
actividades avaliables ha de alcanzar un mínimo de 5 puntos. Se a media
resultase ser de 5 ou máis puntos, pero obtivéronse menos de 4 puntos nunha das
partes da proba mixta (ou nunha das partes da avaliación), a nota final será de
4,9 (suspenso). Na segunda oportunidade (Xullo), realizarase unicamente a proba
mixta, as cualificacións obtidas en seminarios mantéñense da primeira
oportunidade. Se o alumno está suspenso na primeira oportunidade e a nota nunha
das partes da proba mixta (teoría ou práctica) é de 5 ou máis puntos, manterase
esa nota na segunda oportunidade, tendo só que realizar a outra parte da proba
mixta, a non ser que manifeste a súa vontade de repetir a totalidade da proba
mixta.

A asistencia ás prácticas considérase obrigatoria. A non
asistencia a unha ou dúas sesións de prácticas será penalizada cun punto e dous
puntos menos, respectivamente, na nota da parte práctica da proba mixta. Se o
alumno non asistise a tres ou máis sesións de prácticas, terá suspensa a
asignatura.

Serán considerado como NON PRESENTADOS aqueles alumnos que
non concorran ás probas mixtas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes