Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Zooloxía: Zooloxía II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A1 A2 Preguntas de resposta escrita e diferente grao de amplitude sobre a materia das clases prácticas. 20
Discusión dirixida A29 B1 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 Preguntas personalizadas de contido concreto, elaboración e defensa de traballos, e exámes escritos de tipo test ou ben compostos por preguntas curtas. 15
Proba de resposta breve A1 A7 Preguntas de resposta escrita e diferente grao de amplitude sobre a materia teórica do programa. 65
 
Observacións avaliación

Consideracións Xerais • A avaliación da materia sustentarase nun exame de contido teórico, un exame de contido práctico e unha avaliación continua baseada nas actividades realizadas
nos grupos reducidos. • Farase un seguimento continuado da actitude e coñecementos do alumno
durante o curso en ocasions a traveso de breves probas ocasionáis. • Obterán a cualificación de Non Presentado (NP) todos aqueles alumnos que, aínda habéndose presentado á proba de contidos prácticos e aos Seminarios, non se presentaran á proba de contidos teóricos, xa que ísta corresponde a máis dun 50% da totalidade da cualificación final da asignatura.

Aspectos e Criterios de
Avaliación • Os exames de contidos teóricos incluirán preguntas tanto das
clases maxistrais impartidas polo profesor como da materia que deberá ser
preparada polo alumno de maneira individual.
Mediante o exame de contidos teóricos evaluanse as seguintes competencias: A1/A7.
Mediante o exame de contidos prácticos evaluanse as seguintes competencias: A1/A2. Mediante a avaliación continua evaluanse as seguintes competencias: A29/B1/B3/B4/B5/B6/B8/B9/B11


• Para a superación global da
asignatura é imprescindíbel os seguintes requisitos: 1) haber realizado algunha das actividades calificabels dos grupos reducidos (Seminarios); o incumprimento deste punto imposibilita a superación final da asignatura en ninguha das oportunidades dado que ista é unha actividade calificabel que se realiza de unha forma continuada ao longo do curso, 2) obter unha cualificación mínima dun 4,5 no exame
teórico, e 3) obter unha cualificación mínima de 4,0 no exame de contidos prácticos.

• Na oportunidade de Xullo se
conservarán as cualificacións obtidas nas distintas actividades realizadas
durante o curso, sen perxuízo de que se poida optar a mellorar a nota das xa
superadas (excepto a nota dos Seminarios). Neste caso a cualificación final será a acadada nesta derradeira proba; tanto sexa de contidos prácticos como teóricos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes