Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Zooloxía II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A1 A2 Preguntas de resposta escrita e diferente grao de amplitude sobre a materia das clases prácticas. 20
Discusión dirixida A29 B1 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 Preguntas personalizadas de contido concreto, elaboración e defensa de traballos, e exámes escritos de tipo test ou ben compostos por preguntas curtas. 15
Proba de resposta breve A1 A7 Preguntas de resposta escrita e diferente grao de amplitude sobre a materia teórica do programa. 65
 
Observacións avaliación

Consideracións Xerais • A avaliación da materia sustentarase nun
exame de contido teórico, un exame de contido práctico e unha avaliación
continua baseada nas actividades realizadas nos grupos reducidos. •
Farase un seguimento continuado da actitude e coñecementos do alumno
durante o curso en ocasions a traveso de breves probas ocasionáis. •
Obterán a cualificación de Non Presentado (NP) todos aqueles alumnos
que, aínda habéndose presentado á proba de contidos prácticos e aos
Seminarios, non se presentaran á proba de contidos teóricos, xa que ísta
corresponde a máis dun 50% da totalidade da cualificación final da
asignatura.

Aspectos e Criterios de Avaliación • Os exames de
contidos teóricos incluirán preguntas tanto das clases maxistrais
impartidas polo profesor como da materia que deberá ser preparada polo
alumno de maneira individual. Mediante o exame de contidos teóricos
evaluanse as seguintes compentencias: A1/A7. Mediante o exame de
contidos prácticos evaluanse as seguintes competencias: A1/A2. Mediante a
avaliación continua evaluanse as seguintes competencias:
A29/B1/B3/B4/B5/B6/B8/B9/B11

• Para a superación global da
asignatura é imprescindíbel os seguintes requisitos: 1) haber realizado
algunha das actividades dos grupos reducidos (Seminarios); o
incumprimento deste punto imposibilita a superación final da asignatura
en ninguha das oportunidades dado que ista é unha actividade calificabel
que se realiza de unha forma continuada ao longo do curso, 2) obter
unha cualificación mínima dun 4,5 no exame teórico, 3) obter unha
cualificación mínima de 4,0 no exame de contidos prácticos, 4) No caso
de que a suma total das cualificacións fose igual ou superior a 5.0 pero a
parcial de contidos teóricos ou prácticos non superara a nota mínima esixida, a
cualificación final corresponderá á obtida na proba non superada, ou a media de
ambas no caso de seren as dúas.

• O
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia poderá solicitar os cambios de
calendario necesarios para garantir a posibilidade de asistir a calquera
das actividades avaliables programadas na materia.

• Na
oportunidade de Xullo se conservarán as cualificacións obtidas nas
distintas actividades realizadas durante o curso, sen perxuízo de que se
poida optar a mellorar a nota das xa superadas (excepto a nota dos
Seminarios). Neste caso a cualificación final será a acadada nesta
derradeira proba; tanto sexa de contidos prácticos como teóricos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes