Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Zooloxía II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A1 A2 Preguntas de resposta escrita e diferente grao de amplitude sobre a materia das clases prácticas. 20
Discusión dirixida A29 B1 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 Preguntas personalizadas de contido concreto, elaboración e defensa de traballos, e exámes escritos de tipo test ou ben compostos por preguntas curtas. 15
Proba de resposta breve A1 A7 Preguntas de resposta escrita e diferente grao de amplitude sobre a materia teórica do programa. 65
 
Observacións avaliación

Consideracións Xerais • A avaliación da materia sustentarase nun
exame de contidos teóricos (representando o 65% da cualificación total), un
exame de contidos prácticos (20% da cualificación total) e unha avaliación das
actividades realizadas en grupo reducido (15% da cualificación total) • Obterán
a cualificación de Non Presentado (NP) as/os estudantes que non se teñan
presentado ao exame de contidos teóricos.

Aspectos e Criterios de Avaliación • Mediante o exame de contidos
teóricos avalíanse as compentencias A1/A7. Mediante o exame de contidos
prácticos avalíanse as competencias A1/A2. Mediante a avaliación de contidos
tratados en grupos reducidos avalíanse as competencias
A29/B1/B3/B4/B5/B6/B8/B9/B11.

Para a superación da materia na primeira oportunidade de
avaliación é imprescindible cumprir os seguintes requisitos:

1) Presentarse ao exame de contidos teóricos.

2) Obter no exame teórico unha cualificación mínima dun 4,5 sobre
10 (2,9 sobre 6,5) e acadar, como mínimo, untotal de 5 puntos
sobre 10, engadindo a puntuación acadada no exame de contidos prácticos e nas
probas de avaliación en grupo reducido. Os/as estudantes que non acaden como
mínimo un 4,5 dobre 10 no exame de contidos teóricos, e ainda que ca suma do
resto de contidos acaden 5 puntos, obterán a cualificación final de
“Suspenso”,consignándose como nota a acadada no exame de contidos teóricos.

Os/as alumnos/as que se presenten ao exame de teoría e/o prácticas
na segunda oportunidade recibirán a cualificación obtida nos mesmos de cara á
cualificación final, renunciando, no seu caso, as correspondentes
cualificacións da primeira oportunidade. Para a superación da materia na 2ª
oportunidade de avaliación e para a consignación da cualificación no expediente
académico considéranse os mesmos requisitos que os sinalados para a 1ª
oportunidade.

Estudantes a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia, e casos excepcionais • En caso de que o/aestudante, por razóns
debidamente xustificadas, non puidese realizar determinadasactividades e/ou
probas de avaliación, poderá poñelo en coñecemento do profesorado,quen valorará
a situación e poderá adoptar as medidas que considere oportunas eviables para
tratar de paliala.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na
oportunidade correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes