Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Biodiversidade animal e medio ambiente
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Biodiversidade animal e medio ambiente Código 610G02033
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Galan Regalado, Pedro Manuel
Correo electrónico
pedro.galan@udc.es
Profesorado
Fernández Rodríguez, Nuria
Galan Regalado, Pedro Manuel
Martinez Ansemil, Enrique
Correo electrónico
n.fernandez1@udc.es
pedro.galan@udc.es
e.ansemil@udc.es
Web
Descrición xeral -Estudo da biodiversidade animal nos diferentes medios naturais da Terra: biodiversidade animal no medio terrestre, o medio mariño e as augas doces. -Patróns de distribución xeográfica da biodiversidade animal. Bioxeografía. -Efectos da actividade humana sobre os medios naturais e conservación da biodiversidade.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral. - Discusión dirixida nos seminarios (computa na avaliación). - Atención personalizada. *Metodoloxías docentes que se modifican - Sesións maxistrais: no caso de que non se poidan impartir de maneira presencial por un novo confinamento, as sesións maxistrais impartiranse por teledocencia en Moodle/Teams/Stream. - Prácticas de laboratorio: no caso de que non se poidan impartir de maneira presencial por un novo confinamento, as prácticas de laboratorio cambiaranse por tarefas por teledocencia cos mesmos contidos que a práctica. - Seminarios: no caso de que non se poidan impartir de maneira presencial por un novo confinamento, os seminarios cambiaranse por tarefas online en Moodle/Teams/Stream. - Proba obxectiva: no caso de que non se poida realizar de maneira presencial por un novo confinamento, realizarase un exame final online en Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas. - Moodle: diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. - Teams. Na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da Facultade. 4. Modificacións na avaliación. - Proba obxectiva: proba online. Exame final online en Moodle. Peso na cualificación: 60%. (Será preciso obter un mínimo de 4,5 puntos sobre 10 (2,7 sobre 6) nesta proba para aprobar a materia). - Proba de discriminación (exame de visu). Proba de discriminación de especies realizada online en Moodle. Peso na cualificación: 10% - Seminarios: tarefas online. Peso na cualificación: 20%. - Prácticas de laboratorio: tarefas por teledocencia. Peso na cualificación: 10%. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Todos os materiais de traballo estarán disponibles de maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes