Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Biodiversidade animal e medio ambiente
   Contidos
Temas Subtemas
Bloque 1. Introducción Xeral. Tema 1. Biodiversidade animal. Introdución. Conceptos xerais. Historia do coñecemento da biodiversidade animal. Concepto de Biodiversidade. Número de especies. Xenes, especies, poboacións, comunidades, ecosistemas, procesos: Diversidade xenética. Diversidade dos ecosistemas. Biodiversidade rexional e biodiversidade local. Conservación da biodiversidade.

Tema 2. Patróns de distribución xeográfica da biodiversidade animal. Bioxeografía. Cambios climáticos do Plistoceno: o impacto das glaciacións sobre a biodiversidade. Principais rexións bioxeográficas: Rexión Paleártica, Neártica, Etiópica, Oriental, Neotropical, Australiana, Antártica. Bioxeografía de Galicia no contexto ibérico e Paleártico.
Bloque 2. Medio Terrestre Tema 3. Os grandes biomas da terra e a súa fauna I. Fauna dos medios polares e a tundra. Fauna ártica e antártica. Os bosques boreais de coníferas ou Taiga e a súa fauna. Fauna dos bosques temperados.

Tema 4. Os grandes biomas da terra e a súa fauna II. Os biomas herbáceos do planeta. Fauna de pradarías, estepas e sabanas. As selvas tropicais. Tipos de selvas. Fauna das selvas. Os desertos e a súa fauna.

Tema 5. Biodiversidade animal nos medios insulares e nas montañas. Tipos de medios insulares. Bioxeografía insular. Biodiversidade insular. Colonización e adaptacións dos animais aos medios insulares. Biodiversidade animal nas montañas. Adaptacións dos animais á alta montaña. Biodiversidade montana: fauna dos medios alpinos e subalpinos.

Tema 6. Biodiversidade animal nos medios terrestres galegos e ibéricos. Características da fauna forestal. Biodiversidade animal nos medios forestais: fauna dos bosques. Biodiversidade animal nos medios de matogueira. Biodiversidade animal nos agrosistemas.
Bloque 3. Medio Mariño Tema 7. Biodiversidade no medio mariño. Historia e estado actual do coñecemento. Patróns xeráis de distribución xeográfica. Procesos que condicionan os patróns de distribución.

Tema 8. Diversidade da fauna peláxica. Plancto e necto: Características xeráis e distribución dos organismos .

Tema 9. Diversidade da fauna bentónica. Zonación vertical. Características xerais da fauna en fondos brandos e de rocha. Os arrecifes de coral. O bentos profundo.

Tema 10. Diversidade da fauna nos medios estuarinos.

Tema 11. Biodiversidade da fauna mariña nas costas ibéricas e galegas.

Tema. 12. Impactos humanos sobre a diversidade animal do medio mariño. Introdución á sustentabilidade e conservación da fauna mariña.
Bloque 4. Augas doces Tema 13. Consideracións xerais sobre as augas doces e a súa fauna. Diversidade e orixes da fauna de augas doces. Dispersión, illamento e patróns de distribución xeográfica.

Tema 14. Principais factores ambientais e biodiversidade animal nas augas doces. Medios lóticos e medios lénticos. Ambientes especiais.

Tema 15. Plancto, neusto e necto: trazos anatómicos, biolóxicos e ecolóxicos dos principais grupos faunísticos.

Tema 16. Bentos: trazos anatómicos, biolóxicos e ecolóxicos dos principais grupos faunísticos. Comunidades de medios lóticos e comunidades de medios lénticos.

Tema 17. Biodiversidade animal nas augas doces galegas e ibéricas.

Tema18. Principais efectos da actividade humana sobre a biodiversidade animal nas augas doces. Control e conservación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes