Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Biodiversidade animal e medio ambiente
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Realizaranse durante as horas de teoría en grupos reducidos. Nestas sesións incidirase nalgúns dos aspectos máis salientables abordados nas sesión maxistrais e realizaranse actividades complementarias relacionadas coa materia. Realizaranse debates sobre temas específicos de interese, tras os cales efectuaranse probas escritas curtas, en relación co tema debatido.
Aos alumnos formalmente recoñecidos como Estudantes a Tempo Parcial, facilitaráselle a inclusión en grupos de seminarios que lles resulten máis compatibles; de persistir as dificultades de asistencia, realizarasen actividades alternativas.
Prácticas de laboratorio Son de carácter obrigatorio.
As prácticas de laboratorio organizaranse de xeito que os alumnos teñan unha participación activa e sirvan de complemento ao temario e ás prácticas de campo. Dedicaranse fundamentalmente á identificación de taxóns característicos de distintos ambientes.
Nalgunhas sesións de laboratorio e, previo aviso do profesor, poderá pedirse aos alumnos que entreguen un resumo dos datos e conclusións obtidos ao longo da práctica.
Na medida do posible, aos alumnos formalmente recoñecidos como Estudiantes a Tempo Parcial, facilitaráselle a inclusión en grupos de prácticas que lles resulten máis compatibles.
Saídas de campo Son de carácter obrigatorio
Realizaranse saídas ao campo guiadas por un profesor, nas que se poderá observar a fauna nos seus hábitats naturais, permitindo o alumno o seu recoñecemento no campo e a súa iniciación ao traballo e á obtención de datos científicos sobre a biodiversidade en distintos medios naturais. Se o profesor responsable da práctica de campo o estima oportuno, ao termo da mesma poderá requirir aos alumnos que lle presenten un resumo en papel dos datos e conclusións obtidas durante a súa realización.
Sesión maxistral Impartiranse 26 leccións maxistrais segundo o calendario previsto, cada unha de 50 minutos de duración, nas que se abordarán os aspectos teóricos do programa. O material gráfico que se utilice (presentacións en pantalla ou outro tipo de imaxes) estará a disposición dos alumnos na plataforma Moodle.
A asistencia ás clases maxistrais non é obrigatoria aínda que si moi recomendable.
Proba de discriminación Recoñecemento de taxóns: A principios de curso entregarase aos alumnos unha listaxe de taxóns característicos da biodiversidade animal galega e ibérica. Moitos deses taxóns serán vistos ao longo das prácticas de campo e/ou laboratorio, así como durante algunhas sesións teóricas e seminarios. O alumno haberá de familiarizarse con eles, acudindo, cando sexa preciso a outras fontes documentais. Realizarase un exame “de visu” no cal os alumnos terán que recoñecer por fotos os taxóns que se lle presenten.
Proba obxectiva Realizarase un exame final ao remate do cuadrimestre (primeira oportunidade). Nesta proba faranse preguntas sobre os contidos impartidos durante as sesións maxistrais. Unha proba obxectiva de similares características será realizada na segunda oportunidade (xullo).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes