Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Biodiversidade animal e medio ambiente
   Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Prácticas de laboratorio
Descrición
Dedicarase atención personalizada as/os alumnas/os durante a realización dos seminarios, nos debates sobre os temas abordados, así como nas prácticas de laboratorio e nas saídas ao campo. En todas estas actividades, as/os estudantes poderán realizar consultas e abordar temas concretos relacionados co programa teórico da materia e coas propias prácticas.
As/os alumnas/os poderán dispoñer tamén de atención personalizada, en horario de titorías, acudindo ao despacho dos profesores ou por medios telemáticos.

Para as/os estudantes a tempo parcial e as/os estudantes con diversidade funcional que o precisen, ademáis da flexibilidade horaria para a realización das actividades do curso (prácticas e seminarios), consideraranse alternativas de aprendizaxe e avaliación equivalentes cando o soliciten e que a xuizo do profesorado, resulten viables.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes