Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Biodiversidade animal e medio ambiente
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A6 A19 A22 A23 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 B11 B12 Avaliarase a participación nos debates e os exames curtos que se realizarán ao final de cada debate.
Os alumnos que non asistan aos seminarios e, polo tanto, non estean presentes nas sesións de discusión nin realicen os exames curtos, obterán unha cualificación de 0 puntos na actividade realizada ese día.
A nota obtida computará como un 20% da nota final.
A nota obtida nos seminarios manterase invariable para o cómputo da nota final, no caso dos alumnos que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo)
20
Prácticas de laboratorio A1 A2 A4 A6 A11 A20 A30 A31 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B12 As prácticas de laboratorio son de carácter obrigatorio. Nalgunhas sesións e, previo aviso do profesor, poderá pedirse aos alumnos que entreguen un resumo dos datos e conclusións obtidos ao longo da práctica.
Estas prácticas avaliaranse en base ao traballo realizado polo alumno e, de selo caso, aos resumos achegados. Computarán como o 10% da nota final.
A nota obtida nas prácticas de laboratorio manterase invariable para o cómputo da nota final, no caso dos alumnos que teñan que acudir á segunda oportunidade de avaliación.
10
Proba obxectiva A1 A6 A19 A22 A23 A29 B1 B3 B4 B6 B8 B9 Realizarase un exame escrito sobre o contido abordado nas sesión maxistrais. Trátase dunha proba con distintos tipos de preguntas sobre os principais aspectos/contidos do programa teórico impartidos nas sesións maxistrais. A nota obtida supoñerá o 60% da cualificación final (máximo 6 puntos sobre 10). Non obstante, é preciso obter un mínimo de 4,5 puntos sobre 10 (2,7 sobre 6) nesta proba para superar a materia.
Alternativamente os/as estudantes terán a opción de facer 3 probas obxectivas parciais ao longo do curso. Ao igual que no caso da avaliación por medio dunha única proba, é preciso que os/as alumnos/as acaden un mínimo de 4,5 puntos sobre 10 en cada unha das probas parciais co gallo de superar a materia.
Aqueles alumnos/as que opten pola avaliación continua precisarán acadar un mínimo de 4,5 puntos en todas e cada unha das probas parciais. Os/as alumnos/as que non acaden dita puntuación nalgunha das probas quedarán automaticamente excluídos/as deste sistema de avaliación e deberán presentarse á proba obxectiva final de toda a materia.
60
Proba de discriminación A2 A11 B1 B4 B6 Recoñecemento de taxóns: Realizarase un exame “de visu” no cal os alumnos terán que recoñecer por imaxes os taxóns que se lle presenten, escollidos de entre a listaxe de taxóns entregada a principios de curso.
Esta proba realizarase conxuntamente coa proba obxectiva, nas datas oficialmente establecidas. A nota obtida nesta proba na primeira oportunidade manterase para a segunda oportunidade, salvo que a/o alumna/o queira realizala de novo ou non se tivera presentado á primeira oportunidade.
O exame "de visu” computará como o 10% da nota final.
10
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa teórico, as actividades prácticas realizadas no laboratorio, o recoñecemento dos taxóns máis importantes da biodiversidade animal galega e ibérica (exame "de visu"), así como os debates e os exames curtos realizados nos seminarios.
Para aprobar a materia haberá que cumprir cos criterios de avaliación estipulados e obter unha puntuación mínima de 5,0 puntos.
Para as cualificacións finais de ambas oportunidades, serán considerados como "Non presentados" aqueles alumnos que non comparezan nas probas obxectivas nas datas oficiais sinaladas.

Serán consdierados como "Suspensos” os alumnos presentados que non acaden a puntuación global de 5,0 puntos ou non cheguen a 4,5 puntos sobre 10 na proba obxectiva (independentemente da nota obtida nos seminarios, nas prácticas e no exame “de visu”).

Os alumnos que non acaden a cualificación mínima sinalada na proba obxectiva, figurarán na acta cunha nota máxima de 4,5.

Se, por razóns debidamente xustificadas, de acordo coa normativa vixente, un alumno se vira imposibilitado para asistir a algunha sesión de prácticas de laboratorio e/ou de seminarios, deberá (no caso das prácticas) ou poderá (no caso dos seminarios) facer fronte a probas específicas ou actividades alternativas que se engadirán á “proba obxectiva”. A nota acadada nesas probas específicas ou actividades alternativas adicionaráse á xa obtida nas prácticas e seminarios nos que participou.

No caso de que existise “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”, e que puidesen non ter realizado as prácticas de laboratorio, estes alumnos deberán realizar de forma específica un exame de prácticas. Para isto será imprescindible a información que puidesen obter en titorías específicas, que incluirá documentación elaborada polo alumnado como parte das sesións de prácticas previamente realizadas. A superación da proba obxectiva da materia, que representa o 60% da cualificación final, deberá ser complementada coa obtención de, polo menos, unha cualificación de 5,0 no exame de prácticas mencionado. Estes alumnos, tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación, deberán realizar o exame de prácticas citado.

Os/as estudantes que soliciten presentarse a convocatoria adiantada de decembro rexeranse polo indicado na guía docente do curso académico anterior.

As consecuencias da realización fraudulenta das probas ou actividades, están recollidas no Artigo 14 das Normas de avaliación, revisión e Reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario , e ó Estatuto do Estudantado da UDC .

A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade
correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes