Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Sostenibilidade e conservación da fauna
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición de 16 temas cos principais contidos da materia. Cada un deles terá 50 minutos de duración.A asistencia non é obrigatoria pero sí é recomendable.
Seminario Haberá charlas/debate realizadas por algún conferenciante invitado. Tamén se farán análise e discusión sobre algún artigo científico ou documento audiovisual relacionado con temas da materia. Realizaranse asímesmo exercicios para o reforzo do contido teórico dalgún dos temas expostos nas clases maxistrais. Á asistencia non é obrigatoria pero sí moi recomendable.
Proba obxectiva Trátase dunha proba con preguntas de respostas curtas, sobre conceptos básicos da materia e problemas teórico/prácticos para que sexan resoltos polo alumno.
Estudo de casos Substitúe as tradicionáis "prácticas de laboratorio". Prantexaránse distintos problemas de conservación e xestión sostible de recursos animais , que cada alumno resolverá individualmente ou por parellas. Rematados os estudos de caso haberá un examen curto. A asistencia é obrigatoria.
Actividades iniciais A primeira hora do curso adicarase a explicar a materia, como vai ser a avalición, os seminarios programados, e a resolver calquera dúbida relacionada ca materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes