Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Subjects
  Sustainability and Conservation of Faunal
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Seminar A4 A26 A29 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 En todos os seminarios avaliarase a participación activa, e nalgúns casos poderá haber un examen curto ao final. Os alumnos que non asistan aos seminarios e, polo tanto, non estean presentes nas sesións de discusión nin realicen os exames curtos, obterán unha cualificación de 0 puntos na actividade realizada ese día. A nota obtida dos seminarios manterase invariable para o cómputo da nota final, no caso dos alumnos que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo).
20
Objective test A6 A9 A24 B2 B3 B4 B6 B8 B10 B13 Trátase dunha proba con preguntas curtas e definicións sobre os 16 temas de teoría.
Alternativamente os estudantes terán a opción de facer 4 probas obxectivas parciais ao longo do curso.
60
Case study A6 A20 A22 A23 A24 A26 A27 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 Os estudos de casos son de caracter obrigatorio. Ao finalizar o estudo de casos haberá un exame na plataforma Moodle . A nota obtida nesta proba manterase invariable para o cómputo da nota final, no caso dos alumnos que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo).

20
 
Assessment comments

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa
teórico, as actividades prácticas realizadas como"estudo de casos", así como os debates e os
exames curtos realizados nos seminarios.


Para aprobar a materia haberá que cumprir cos criterios de avaliación estipulados e obter unha puntuación mínima de 5,0 puntos.
Para
as cualificacións finais de ambas oportunidades, serán considerados
como “Non presentados” aqueles alumnos que non comparezan as probas
obxectivas nas datas oficiais sinaladas.

Serán considerados como
“Suspensos” os alumnos presentados que non acaden a puntuación global de
5,0 puntos ou non cheguen a 5,0 puntos sobre 10 na proba obxectiva
(independentemente da nota obtida nos seminarios e nas prácticas). Neste caso, figurará na acta a nota obtida na proba obxectiva.

Para aqueles alumnos que opten pola avalición continua, será necesario, acadar un 5 en tódalas probas parciais. O alumnos que suspenda unha das probas, quedan automáticamente excluidos deste modelo de avalición e  deberán presentarse a proba obxectiva final de toda a materia. 

Se, por razóns debidamente xustificadas, de
acordo coa normativa vixente, un alumno se vira imposibilitado para
asistir a algunha sesión dos estudos de caso  e/ou de seminarios, deberá (no
caso dos estudos de casos) ou poderá (no caso dos seminarios) facer fronte a
probas específicas ou actividades alternativas que se engadirán á “proba
obxectiva”. A nota acadada nesas probas específicas ou actividades
alternativas adicionaráse á xa obtida nos estudos de caso e seminarios nos que
participou.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes